HomePontevedraSoutomaior fai efectivo o seu compromiso cos deportistas individuais do concello cun...

Soutomaior fai efectivo o seu compromiso cos deportistas individuais do concello cun investimento de máis de 8400 euros

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local aprobou nesta xornada estas axudas aos deportistas (adultos e nenos) individuais do concello por un importe que ascende aos 8442,68 euros.  Unha Xunta de Goberno que tamén ratificou o convenio de colaboración coa Banda de Música Artística de Arcade por un valor de 40 mil euros.

O Concello de Soutomaior aprobou hoxe en Xunta de Goberno as axudas aos deportistas individuais do concello. Foron un total de 30 as axudas que se concederon a deportistas na modalidade de adultos e nenas e nenos por un importe final de 8442,68 euros.

Coa aprobación destas axudas o concello busca fomentar a actividade física e o desenvolvemento do talento deportivo no concello. Unhas axudas que recaen en deportes como o kickboxing,  o piragüísmo, a natación, motocross, atletismo ou ximnasia acrobática.

Ademais, a Xunta de Goberno Local, tamén ratificou o convenio coa Banda de Música Artística de Arcade. Un convenio anual, que ascende a 40 mil euros, e reforza o compromiso do concello coa cultura, garantindo e apostando por esta importante agrupación musical. Estas iniciativas, apoio aos deportivas e a Banda,  reflexan o interese do concello por promover o deporte e a cultura en beneficio da veciñanza.

Publicacións Relacionadas