HomePontevedraSoutomaior organiza unha fin de semana chea de activiades de animación á...

Soutomaior organiza unha fin de semana chea de activiades de animación á lectura na rúa

- Anuncio -spot_img
  • Os aforos estarán limitados para axustarse ás restricións contra a Covid19
  • Tras a suspensión da pasada semana dos actos conmemorativos do Día do Libro pola choiva, o Concello de Soutomaior organiza para este #fin# de semana tres días de actividades de animación á lectura na rúa. A participación é totalmente gratuíta e sen límite de idade. Accederase por orde de chegada ata completar o aforo permitido para cada actividade.
  • O programa de actos comezará mañá coas historias de Mortadelo e Filemón, na alameda Tallo Río a partir das 17 horas. Trátase dunha interpretación ao estilo dos contacontos tradicionais, pero onde os personaxes dos contos cobran vida para interactuar co público.
  • O sábado 1 de maio haberá unha dobre sesión do espectáculo “ Unha fábrica de bicos”. A primeira actuación comezará ás 17:00 horas no peirao de Arcade e a segunda terá lugar na Alameda Tallo Río ás 18;00 horas. O domingo será a quenda da historia de “ Superpataca”, que tamén contará cunha dobre sesión. A primeira será en Tálloa Río a partir das 12;30 horas e a segunda a partir das 17:00 horas no Campo de San Benito de Romariz.
  • O espectáculo contará con cadeiras individuais para cada participante de maneira que se poida manter a distancia de seguridade. Ademais, para acceder ao espectáculo, será necesario levar máscara e seguir as normas sanitarias e protocolos contra a Covid 19.

Publicacións Relacionadas