HomePontevedraSoutomaior presenta o Espazo Concilia para esta Semana Santa

Soutomaior presenta o Espazo Concilia para esta Semana Santa

- Anuncio -spot_img

Esta mañá , Cristina García, directora-psicóloga do CIM, e a técnica de Igualdade, Marga Taboada, presentaron o espazo concilia que lanza o CIM a través da Concellería de Igualade para esta Semana Santa e que se levará a cabo os días 25, 26,27 de marzo e o 1 de abril.

O Concello de Soutomaior consciente da importancia de promover axudas ás familias para conciliar a vida laboral por en marcha, a través da concellería de Igualdade, o Espazo Concilia para Semana Santa.

Un espazo dirixido a crianzas de entre 3 a 16 anos. O horario deste servizo será dende ás 9:00 ata ás 14:00 h. coa posibilidade da aula matinal de 8:00 a 9:00 h., para aquelas persoas que así o soliciten, e aula de mediodía con amplitude de horario ata ás 15:00 h. O que significa que este espazo contará con 4 horarios diferentes para que as familias podan optar ao que máis facilidades lles dea neste tempo de descanso das crianzas. Tería o horario de 8:00 a 14:00h, de 9:00 a 14:00h., de 8:00 a 15:00h. ou de 9:00 a 15:00h.

O concello de Soutomaior abrirá as inscricións o luns 4 de marzo ás 9:00 h. e pechará o 14 de marzo ás 14:00h. As e os interesados poderán inscribirse en liña na seguinte ligazón: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina
Dentro do horario do programa intercalaranse actividades lúdicas, educativas, deportivas, xogos e obradoiros, actividades ao aire libre sempre que o tempo o permita e sempre traballando baixo a perspectiva de xénero dunha maneira dinámica e participativa.

Un Espazo Concilia que se levará a cabo no Centro de Benestar Integrado (Multiusos) e que contará con 50 prazas para as crianzas do concello.

Publicacións Relacionadas