HomePontevedraSoutomaior presenta o seu novo Campo de Voluntario

Soutomaior presenta o seu novo Campo de Voluntario

- Anuncio -spot_img
  • A iniciativa inclúe actividades sociais, culturais e deportivas
  • O edificio multiusos de Arcade acolleu esta mañá a presentación do novo Campo de Voluntariado que a Xunta de Galicia poñerá en marcha en Soutomaior. A iniciativa, aberta a persoas desde os 18 aos 30 anos, busca favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos. A presentación contou coa participación do alcalde, Agustín Reguera, a directora xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias.
  • O programa de voluntariado celebrarase do 16 ao 27 de xullo e divídese en tres fases. A primeira centrarase en formar ao grupo de persoas voluntarias con talleres prácticos de contido ambiental, social, histórico e publicitario para facilitar os traballos para desenvolver durante a quenda.
    Na segunda etapa os participantes recollerán datos in situ para a elaboración dun informe final con propostas de mellora de conservación do Camiño Portugués ao seu paso por Soutomaior. Por último, xerarán contidos para a distribución temática en redes sociais e a creación dun blogue que terán que promocionar para dar a coñecer a ampla oferta de voluntariado.
  • Entre as actividades que se realizarán neste voluntariado destacan os roteiros ambientais e históricos a través dos diversos puntos de interese do concello, como a ponte colgante ou o río Verdugo, así como os talleres de mitoloxía galega e as excursións á Isla San Simón cun roteiro mariño en pádel-surf ou piragua.
  • “Trátase dunha iniciativa moi positiva para o municipio porque se centra na conservación e posta en valor do patrimonio ligado ao Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade”, explicou Reguera, que destacou que a variante portuguesa do roteiro Xacobeo “é un dos principais motores turísticos do municipio e todo o que sexa potencialo será beneficioso”.
  • Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude Participación e Voluntariado puxo en valor durante o acto este tipo de actividades, “debido a que axudan a promover a educación en valores, asentar a cultura solidaria e á súa vez fomentar o traballo en equipo e a preocupación por manter a salvo o medio ambiente”, finalizou Pichel.
  • Inscrición nos Campos de voluntariado
    Para os campos de voluntariado celebrados en Galicia, o prazo de inscrición estará aberto ata cinco días antes do comezo de cada un. A solicitude presentarase mediante un formulario en liña na web da Xunta de Galicia e cada persoa solicitante debe escoller, por orde de prioridade, un máximo de cinco campos de voluntariado. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción. Para os que se celebran noutras comunidades autónomas habilítanse dúas convocatorias: a primeira delas finalizou o pasado día 21, mentres a segunda abriuse o 1 de xuño e pechará cinco días antes do inicio do campo.

Publicacións Relacionadas