HomePontevedraSoutomaior vive o seu Nadal no Comercio e Hostalería

Soutomaior vive o seu Nadal no Comercio e Hostalería

- Anuncio -spot_img

Un Nadal máis Soutomaior busca colaboración e unidade co Comercio e Hostalería do concello a través de diferentes accións entre as que destacan adobiar o Nadal e o Nadal no Peto que se desenvolverán no concello ao longo de todas estas festas.
Soutomaior, 4 de decembro. A concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña, fixo entrega esta mañá presentación dos adobíos do Nadal e entrega dos Tickets do Nadal no Peto no comercio e hostalería do concello.
O Concello de Soutomaior, consciente da importancia que ten o comercio e a hostalería local como motor da economía ao xerar emprego e dinamismo económico pon en marcha o programa EU QUERO LOCAL no Nadal convidando a hostalería e comercio a dar visibilidade a estes establecementos e poñer en valor da inmensa riqueza humana e social coa que conta Soutomaior.
Accións nas que participan son dúas Adobiar o Local e O Nadal no Peto.
ADOBIAR O LOCAL
Con esta acción de Nadal dende o concello queren dar unidade e reforzar a rede local mediante o adorno exterior de comercios e locais que se sumará ás luces. As florerías do concello foron as encargadas da súa elaboración e colocación na entrada de cada establecemento. Os motivos son festivos e tradicionais e xa locen nos establecementos do concello. Ao igual que o adorno de Nadal realizado polos centros de día do concello Boas Apertas e SoutoMaiores, un adorno feito con moito mimo e agarimo polos nosos maiores para cada un dos establecementos que se adheriron a través desta acción.
O NADAL NO PETO
Hoxe deu comezo a campaña o Nadal no Peto que ten como obxectivo incentivar o gasto no comercio e hostalería local. Dende o concello destinarán 1500€ repartidos en quince premios de 100 euros que se sortearán entre as persoas que realicen unha ou varias compras por valor mínimo de 20€ nun establecemento comercial ou hostaleiro do Concello de Soutomaior (compras desde hoxe ata o 6 de xaneiro de 2025, ambos incluídos). Esta mañá a concelleira Rosana Comesaña fixo entrega dos tickets os establecementos que forman parte desta acción. As persoas que participen na mesma deberán depositar as tarxetas nos buzóns localizados na Casa do Concello, Biblioteca Municipal e Centro municipal de maiores (Talo Río).
Lembramos que o Nadal de Soutomaior dará comezo este sábado 7 de decembro co acendido das Luces, unha cita para a que dende o Concello contarán coa colaboración especial do colectivo EN POSITIVO, Asociación de Diversidade Funcional. Un 7 de decembro que contará con moitas actividades entre as que se atopa o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, un Karaoke para o desfrute dos e das máis peques da casa e chocolatada de balde.
Un Nadal para o desfrute de todas as persoas. Podedes informarvos de toda a programación deste Nadal en: https://www.soutomaior.gal/wp-content/uploads/2024/11/programacion-NADAL-24-25-OP.pdf
O lema deste ano da campaña é VIVIR O NADAL EN SOUTOMAIOR porque Soutomaior quere VIVIR: o comercio local, a economía circular e a solidariedade, o deporte coa celebración o sábado 28 da San Silvestre, Soutomaior tamén quere VIVIR a mestizaxe das tradicións e a interculturalidade, achegando un programa no que están presentes figuras como a do Apalpador, a de Papá Noel e a celebración da tradicional Cabalgata de Reis. Soutomaior quere VIVIR o tecido asociativo, a cultura, cunha programación para todas as idades, as relacións interxeneracionais, implicando aos centros educativos e aos centros de maiores. Soutomaior quere VIVIR a diversidade funcional, con actividades adaptadas e visibilizando as múltiples capacidades das persoas por exemplo, no acendido de luces ou aplicando en todas as actividades os principios de Soutomaior inclusivo e Soutomaior quere vivir a conciliación cos campamentos de Nadal do 23 de decembro ao 3 de xaneiro no Centro de Benestar Integrado (Multiúsos).

Publicacións Relacionadas