HomeVigoO PorriñoSuspéndese a programación do Samaín en sinal de loito

Suspéndese a programación do Samaín en sinal de loito

- Anuncio -spot_img

O Concello do Porriño informa á veciñanza da suspensión da programación festiva do Samaín prevista para hoxe, en sinal de luto polas vítimas mortais da DANA que devastou o Levante deixando moitas vítimas mortais na Comunidade Valenciana e Castilla-La Mancha.
Hoxe, ás 13 h, gardouse un sentido minuto de silencio aos pés do Concello, en homenaxe quenes perderon a vida e ás súas familias neste tráxico suceso. Asemade, e de conformidade co luto oficial decretado a nivel nacional, as bandeiras da Casa Consistorial ondean a media asta e locen o crespón negro como mostra de respecto e condolencia.
“A programación aprázase ata o próximo domingo, cando retomaremos as actividades mantendo ese espírito de empatía e solidariedade que nos caracteriza como pobo”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Creo que como todo o país temos o corazón roto e non é momento de celebrar. Agradezco de antemán a comprensión de toda a veciñanza”.
O domingo as actividades comezarán ás 17:30 h co espectáculo infantil de Animarte “A bailar esqueletes”. Ás 18 h arrancará o túnel do terror para os nenos e nenas e a continuación, arredor das 20:30 h comezará o resto da programación para adultos.

Publicacións Relacionadas