HomePontevedraDezaTaboada ten que expulsar a un concelleiro do PP do Salón de...

Taboada ten que expulsar a un concelleiro do PP do Salón de Plenos por desorde continuada.

- Anuncio -spot_img

Otero esta tan nervioso, que no día de hoxe presentou unha moción no pleno censurando a comunicación do Concello.

Xuntos, forza a BNG e PSOE a sacar as súas caretas o ver todos os veciños como votaron conxuntamente co PP para manter as placas, con nomes coma o de Rafael Louzán, con unha sentenza condenatoria de fai  unhas semanas.

Hoxe comezaba puntualmente ás 9:00 da mañá o pleno ordinario no Concello de Vila de Cruces, un pleno que non fose nada especial senón por unhas mocións que presentou o grupo de goberno que levan varios días sendo moi comentadas nas redes sociais. Os asuntos que levaban hoxe a pleno estaban compostos por 7 puntos, que eran os seguintes:

1º Aprobación da acta da sesión extraordinaria urxente e data 04/03/2021 que foi aprobada por unanimidade.

2º Aprobación da certificación de obra nº12 “ CENTRO SOCIO CULTURAL POLIVALENTE EN VILA DE CRUCES” PP-BNG-PSOE votaron abstención, e foi aprobada con os votos de Xuntos.

3º Aprobación definitiva da ordenanza de protección e conservación dos camiños e vías publicas municipais en relación coas operacións de saca de madeira no municipio de Vila de Cruces. XUNTOS-BNG-PSOE a favor e abstención do PP

4º Eliminouse da orde do dia

5º adhesión ao convenio entre Vicepresidencia Primeira e Conselleira de Presidencia, para articular a encomenda de xestión realización actuacións auxiliares tramitación procedementos sancionadores incumprimento medidas prevención loita contra covid-19. Aprobado por unanimidade

6ºAprobacion convenio urbanístico para cesión terreo correspondente a parcela 420 E  polígono 40 no polígono industrial de o Camballón. Aprobado por unanimidade.

7º Dación –de conta de Decretos de Alcaldía.

Neste pleno leváronse tamén 8 mocións de todos os grupos, o BNG presentou 1, o PSOE tamén presentou 1, Xuntos presentou 2, e o PP presentou 4.

Moción do PP sobre a mellora de infraestruturas públicas de titularidade Municipal, para a construción dunha depuradora no edificio do Matadoiro Municipal, foi aprobada por unanimidade.

Moción do PP instando a o goberno a cancelar  o contrato de comunicación, por non falar encontra do PP nas súas notas. Contou con 10 votos  a favor do PP-BNG-PSOE e 3 en contra de Xuntos.

Moción do PP sobre a creación dun novo plan de rescate económico dirixido a autónomos, comerciantes, hostaleiros e demais afectados pola crise económica derivada da Covid-19. Aprobada por unanimidade.

Moción do PSOE para instar a Xunta de Galicia a actualizar o modulo de prezo hora de SAF que paga os concellos neste ano e incrementalo progresivamente ata asumir o 100% do custo real en 2023. Foi aprobada por unanimidade.

Moción do BNG, renovación da rede de subministro de auga de Vila de Cruces. Aprobada por unanimidade

Moción de Xuntos para a retirada das placas nominativas onde figuraran os gobernantes do concello. Contou con 10 votos en contra do PP-BNG-PSOE e 3 a favor  de Xuntos.

Moción de Xuntos para a conservación do nome da praza Juan Carlos I, ata que houbera unha sentenza condenatoria. Contou con 10 votos en contra do PP-BNG-PSOE e 3 a favor  de Xuntos.

Había moita expectación polo pleno de hoxe no tócante ás mocións que presentaba o grupo de Goberno Xuntos e que levan varios días acendendo as redes socias.

Unha destas mocións era a de manter o nome da praza Juan Carlos I tal e como esta ata que houbese unha sentenza condenatoria do Rei emérito, ou ben poder poñerlle o nome de Fraga Iribarne como se propuña no punto 2 da moción, como un guiño o señor Otero do PP o ser Fraga un referente do seu partido, pero nada máis lonxe da realidade, Otero sorpréndeunos hoxe votando encontra de tal iniciativa, permitíndose incluso o señor Souto de dicir que máis relevante que Fraga era o seu propio avó, nestes tempos de Semana Santa o señor Souto e o señor Otero recórdalle máis a Luís Taboada coma Pedro renegando de Jesucristo.

Pero a moción na que Xuntos tiña máis confianza de que seria apoiada polos demais grupos era a que solicitaba a retirada das placas conmemorativas, que so servían para facer perdurar no tempo os políticos, uns políticos que como no caso de Louzán figuran nos espazos emblemáticos do concello un político “Louzán” que ven de ser sentenciado como culpable hai unhas semanas, nesta ocasión o grupo de Xuntos quería ter un guiño co BNG e máis co PSOE, que solicitaron isto mesmo no concello de Nigrán e foi aprobado por unanimidade hasta co voto do PP, en cambio aquí rexeitárono votando da man do PP para que siga perdurando no tempo o nome do señor Otero e outros políticos.

Pero sen dubida a moción máis controvertida no dia de hoxe presentouna o grupo do PP, na que solicita a cancelación do contrato de comunicación de esta entidade, e para elo expón que non lle pareceu ben que se fale mal do PP desde o goberno, unha moción que esta claro que e cara a galería o ser as competencias de contratación do señor alcalde, como di Luís Taboada, era o que nos faltaba, que agora que os veciños e veciñas votaron fora a Otero, queira gobernar con mocións, pero o que e mais triste aínda e que o BNG e o PSOE báilanlle a auga, e como mostras temos aparte de esta os seus votos nas propostas de Xuntos.

Resulta que ai  uns meses nos dicían das filas do PP que tiñamos que ser máis transparentes e dar máis información os veciños e veciñas para saber o que ocorría no concello, algo que desde o grupo de Xuntos sempre nos importou, que a nosa veciñanza saiba o que facemos en cada momento e fundamental, e como só somos 3 concelleiros, seguindo as indicacións da oposición contratamos un servizo de comunicación, para que nos faga esas labores, e primeiro era tirar o diñeiro xa que ía custar 18.000€ o ano, como volve espetar Luís Taboada, “o que non ve Otero e que ata os 45.000€ que cobraba el todos os anos aínda podo contratar 2 máis e aínda aforraría cartos dos veciños e veciñas”.

Publicacións Relacionadas