HomePontevedraCampo LameiroTécnicos de Patrimonio evalúan os danos tras os atentados a dous petróglifos...

Técnicos de Patrimonio evalúan os danos tras os atentados a dous petróglifos de Campo Lameiro e estudian como proceder á súa restauración

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Carlos Costa, instou aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado a seguir coas investigación para dar cos autores dos danos contra a arte rupestre de Campo Lameiro

Técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia procederon a evaluar o alcance dos danos ocasionados por un atentado contra o patrimonio arqueolóxicos sufrido por dous gravados rupestre da “Laxe da Rotea de Mendo” ocurrido hai uns días na parroquia de San Miguel de Campo no municipio de Campo Lameiro.

Segundo parece, a intención de Patrimonio é evaluar en profunidade os danos ocasionados para que técnicos do departamento de restauración procedan a recuperar, o que se poida, o estado dos petróglifos danados polo uso abrasivo de pedras polos surcos que conforman esta composición da arte rupestre.

Pola súa banda, o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, moi afectado polos acontecementos e que segue moi de preto as evolucións deste tema ante Patrimonio da Xunta e a Garda Civil, encargada de facer as pesquisas necesarias para localizar aos autores do atentado contra o patrimonio arqueolóxico e cultural de Galicia, instou ás autoridades, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado a redobra-los seus esforzos para dar co paradoiro dos responsables desta actuación para que respondan ante a xustiza.

Carlos Costa confía en que a pericia dos restauradores que traballan baixo a dirección de Patrimonio da Xunta sexan quen de recuperar ao máximo posible o estado dos petróglifos danados porque “forman parte do patrimonio non so de Campo Lameiro senón de tódolos galegos e de Galicia polo que non podemos permitir que esto quede así. Non é unha trastada é un auténtico atentado contra o noso acervo cultural e arqueolóxico e debemos facer todo o posible para evitar que os responsables se vaian de rositas. Temos a convicción clara de que temos que protexer o noso patrimonio, coidalo, facer unha posta en valor dos petróglifos e reivindicalos como parte do nós, de tódolos veciños e veciñas de Campo Lameiro”, indicou o alcalde.

Costa confirmou que “ata o momento so detectamos atentados neses dous petróglifos e esperemos que non se volva repetir porque estaremos moi atentos todos, tamén nesto reclamo a colaboración veciñal para que si temos a máis mínima sospeita de que alguén poida tentar danar os nosos petróglifos se dea rápido aviso á Garda Civil”, sinalou o alcalde de Campo Lameiro.

Publicacións Relacionadas