HomeTabeirósCerdedo - CotobadeTras o anuncio de peche de Abanca, os comerciantes e autónomos instan...

Tras o anuncio de peche de Abanca, os comerciantes e autónomos instan a Cubela a que inicie conversas con outras entidades bancaria que “aposten de verdade polo noso país”

- Anuncio -spot_img

• De clausurarse a sucursal o O Concello acomparía aos veciños nun proceso de migración das súas contas e aforros cara outra entidade financeira que quixera instalarse en Carballedo

Comerciantes e autonómos coa súa zona de implatanción e influencia en Carballedo instaron ao alcalde de CerdedoCotobade, Jorge Cubela, durante unha xuntanza de urxencia convocada polo rexedor para informarlles da decisión de Abanca de pechar a súa
oficina, a iniciar contactos con outras entidades financeiras “que aposten de verdade polo noso país” coa intención de que ocupe o lugar que deixaría baleiro esta sucursal.

Os comerciantes e autónomos, que se enteraron polo alcalde desta decisión unilateral inxustificada, amosáronlle a Jorge Cubela o seu enfado con Abanca e confiáronlle ao rexedor a encomenda de atopar outra entidade que sexa quen de canalizar toda a actividade financeira e bancaria que ata o momento estaba realizando Abanca.

Segundo os comerciantes e autónomos, “a operativa que se viña facendo nesta sucursal era suficientemente importante para xustificar o seu mantemento. Abanca é unha realidade de negocio que mellora ano a ano os seus resultados e que baseou o seu rexurdimento na confianza dos aforradores e dos emprendedores que apostaron no seu momento por manterse fieis a un proxecto herdeiro das caixas de aforros e que tiña a Galicia e aos galegos como epicentro das súas actividades e a razón de ser fundamental da súa existencia. Agora, en fase de expansión cara outros mercados, parece que quere descoidar ao rural galego, aos territorios que sempre se mantiveron leais a esta entidade en tempos de zozobra e crise bancaria e agora, que fai máis falta ter músculo financeiro para axudarnos a todos a saír adiante despois da pandemia déixanos tirados”.

Tamén se referiron á necesidade de que concellos eminentemente rurais que loitan contra o despoboamento e polo desenvolvemento social conten con servizos apropiados, entre eles os bancarios. “Falan moito de que hai que apostar polo rural e de fixar poboación, pero elimínannos servizos, atención bancaria aos comercios, aos autónomos, aos propios
veciños que vivimos aquí e nos obrigan a desprazarnos ás grandes vilas e cidades para poder resolver os nosos asuntos. Ese é o xeito de facer país?

Ese é o xeito de fixar poboación e de “darlle unha nova oportunidade á xente? Desde logo que non”, quéixanse os autónomos e comerciantes.

Os asistentes á xuntanza trasladáronlle ao alcalde, Jorge Cubela, o seu apoio unánime ás accións que está levando a cabo e confirmáronlle que secundarán e impulsarán a recollida de sinaturas nos seus establecementos comerciais e animaron ao rexedor a que si consegue que outra entidade financeira ocupe o lugar que quere deixar Abanca, “nós iremos cos nosos aforros e coas nosas operativas para ese novo banco, que non lle quepa a menor dúbida a ninguén”.

Sobre este particular, Jorge Cubela confirmou tamén que no caso de que Abanca non rectificara no seu desexo de abandonar Carballedo e outra entidade se instalara alí, valoraríase moi positivamente acompañar aos veciños e comerciantes no previsible proceso de migración bancaria que, a todas luces se produciría.

Publicacións Relacionadas