A concelleira Itziar Álvarez explica que o Concello está tratando de realizar todo un mantemento do fondo pictórico do artista marinense.
Manuel Torres é o artista pictórico máis coñecido da nosa vila. O fondo municipal que se custodia no Museo supón un legado artístico imprescindible que hai que coidar, preservar e expoñer para poder achegar a súa obra á veciñanza.
A concelleira Itziar Álvarez visitou hoxe o obradoiro da restauradora Eva Fontoira, que de novo se encarga da restauración dunha acuarela que forma parte dos fondos do Museo e que é “dous poucos hórreos que pintou Manuel Torres”, explica a concelleita.
Fontoira explica que este cadro presentaba unha importante deformación do soporte debido a un exceso de humidade. De feito, hai unha marca moi visible dunha gota e auga que comeu a cor e hai presenza de pregues e de arrugas, que estána ser corrixidas.
A maiores, apareceron manchas de humidade e os pigmentos dalgunhas cores están decolorados, “seguramente porque ademáis estivo colgado nalgún sitio no que lle daría luz directa”. Asemesmo, había algunha rozadura por mala manipulación da obra. “Correxiremos todo isto e reintegraremos os tons e a cor, ademais de botar un fixativo”, detallou a restauradora.
Espérase que o cadro poida ser visitado no Museo a partir de mediados do próximo mes, pasada a exposición dos Maios e a dos rapaces da EEI O Grupo




