HomePontevedraA LamaUn minuto de silencio na lembranza das vítimas mortais da violencia de...

Un minuto de silencio na lembranza das vítimas mortais da violencia de xénero serviu na Lama para conmemorar o 25 N e dar comezo ao Pleno da Corporación Municipal

- Anuncio -spot_img

Leuse tamén un manifesto e celebráronse uns obradoiros no CEIP da Lama

Un minuto de silencio na lembranza das vítimas mortais da violencia de xénero serviu na Lama para conmemorar o 25 N e dar comezo ao Pleno da Corporación Municipal. Momentos antes leuse un manifesto reivindicativo a cargo da concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Trinidad Fernández Oubiña, en presenza do alcalde, David Carrera, a director do Centro de Información ás Mulleres (CIM), a avogada Adriana Fontaíña, a psicóloga Galiza Aguete, a xuiza de Paz, Mercedes Fernández e o concelleiro de Cultura e Deportes, Plácido Pillado Alfaya.

O Concello da Lama conmemorou o 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, con varios actos entre os que destaca a celebración de varios obradoiros no CEIP da Lama organizados polo Centro de Información á Muller (CIM) ao abeiro das axudas a concellos menores de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero da Deputación de Pontevedra.

Tamén terá lugar o xoves 28 de novembro ás 11 horas na Biblioteca do Colexio da Lama un Contacontos sobre igualdade protagonizado pola monologuista Manuela Varela titulado “Peques e heroas” que visibilizará tamén a eliminación de roles sexistas.

“MALETA VIAXEIRA”

Ademais, na Biblioteca Municipal da Lama segue a disposición do público, tanto adulto como infantil, toda unha colección de libros incluídos na “Maleta Viaxeira” que foi entregada pola Subdelegación do Goberno e permancerá na sala de lectura ata comezos do ano 2025.

Publicacións Relacionadas