HomeVigoNigránUn total de cinco persoas optan á praza de técnico de deportes...

Un total de cinco persoas optan á praza de técnico de deportes do concello de Nigrán tras celebrarse a primeira proba eliminatoria

- Anuncio -spot_img

O Pavillón Municipal de Panxón acolleu onte o exame teórico, ao que acudiron vinte persoas do total de 42 aspirantes que estaban admitidos

O Pavillón Municipal de Panxón acolleu onte a primeira proba do proceso selectivo para cubrir a praza de técnico de deportes municipal, proceso ao que aspiran cinco persoas que superaron este examen teórico de carácter eliminatorio. En total, presentáronse 20 persoas das 42 que estaba oficialmente admitidas, celebrándose nesta instalación municipal con todos os protocolos de seguridade Covid-19. Os cinco aspirantes (con Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte ou equivalente) deberán afrontar nos vindeiros días un exame práctico e a proba de galego en caso de non estar exentos dela (ambas tamén eliminatorias).

Este proceso selectivo permitirá cubrir a vacante de ‘Técnico de deportes municipal’ tras máis dunha década sen ela por xubilación e ao impedir o goberno central a través da ‘lei Montoro’ (vixente ata 2019) ampliar o persoal nos concellos. Ademáis, posibilitará crear unha bolsa á que recurrir en caso de precisar substitucións.

“Era algo moi necesario. Recentemente incorporamos a unha conserxe de Deportes e agora teremos ao fin un técnico, o que nos permitirá organizar mellor todas as nosas actividades deportivas e implementar novas”, sinala o alcalde, Juan González.

Publicacións Relacionadas