HomePontevedraBaixo MiñoUnha escolma das obras participantes no concurso Pinta Tui 2024 expóñense ao...

Unha escolma das obras participantes no concurso Pinta Tui 2024 expóñense ao público no Anexo da Sala Municipal

- Anuncio -spot_img

O Anexo da Sala Municipal de Exposicións no Edificio “Francisco Sánchez” acolle até o 4 de xaneiro unha escolma das obras gañadoras do  certame de pintura rápida ‘Pinta Tui’ que neste ano alcanza a súa novena edición.

O concurso, celebrouse no mes de novembro coa colaboración do Concello e doutras entidades da cidade, contando coa participación de máis dunha trintena  de persoas de toda a provincia de Pontevedra e da Coruña. Nas súas obras, que agora se poden ver expostas ao público, recolleron  espazos e lugares de Tui con diversas técnicas e estilos.

Na categoría de adultos o primeiro premio foi para Borja Rubén Martínez Salgado, o segundo para Bianca Fernández Díaz e o terceiro logrouno José Luís García Miranda. Na categoría xuvenil os premios foron para Mónica Rodríguez Estévez e María Jorge Cortizo. Mentres que en categoría infantil foron galardoados Lukas Pérez Ramilo, Mía Durán  Rodríguez e Eva Corbillón Ferrol.

A exposición pode visitarse en horario de 9 a 14 h. e de 15.30 a 20.00 h de luns a  venres, e os sábados de 9 a 13 h.

Publicacións Relacionadas