HomeO MorrazoMarínUnha Semana Santa chea de deporte

Unha Semana Santa chea de deporte

- Anuncio -spot_img

O Concello presenta as actividades multideporte que se levarán a cabo en diferentes instalacións municipais para rapazada de entre 6 e 12 anos. Será preciso facer unha inscrición previa na web do Concello. O prazo abrirá o luns 22 e rematará o xoves 25.

Os próximos luns 29, martes 30 e mércores 31 de marzo, a rapazada de 6 a 12 anos terá a oportunidade de gozar do descanso da Semana Santa coa celebración dunha actividade multideportiva nas instalacións deportivas do Pavillón da Raña, do Pavillón do Sequelo e do Pavillón do IES Illa de Tambo.
De xeito gratuíto, 75 rapaces e rapazas desta idade gozarán de actividades deportivas como o tenis, BTT, iudo, pilates, hip hop, taekwondo e bádminton, sempre mantendo todas as medidas de seguridade sanitarias derivadas da situación da Covid19.
No Pavillón da Raña concentraranse o tenis, o BTT e o iudo. No Sequelo, o pilates e o hip hop. E no Illa de Tambo, o taekwondo e o bádminton farán as delicias dos mais cativos.
Os 75 rapaces, repartidos en grupos de 25 pasarán cada día por unha instalación diferente para tomar contacto con cada unha destas modalidades deportivas. Cada xornada comezará ás 9.00 e finalizará ás 13.30 horas.
Para formalizar a solicitude de inscrición, deberase acceder á páxina web do Concello de Marín e contar con certificado electrónico, xa que a inscrición será unicamente a través do Rexistro Electrónico do Concello. A asignación de prazas será por rigoroso orde de rexistro sendo condición indispensable estar empadroado no Concello de Marín.
O prazo de rexistro comezará ás 09.00 horas do luns 22 de marzo e finalizará o xoves 25 de marzo ás 15.00 horas. Os grupos de 25, así como a orde de asistencia a cada pavillón, serán publicados na web do Concello de Marín o venres 26.

Publicacións Relacionadas