- Á alcaldesa parécelle insultante que se lles compare cun goberno bolivariano, e que se lles denomine okupas e aconsella ao señor Sotelo que se tranquilice e non se poña tan nervioso.
- O PP tivo no día de onte a oportunidade de ser coherentes con todos os cangueses e canguesas, e sen ningún pudor nin vergoña dedicáronse a sacar peito por perder unhas axudas de preto de 800.000€ co seu voto encontra.
- Victoria Portas no día de hoxe convocou de forma urxente a todos os grupos políticos para sentar este luns, e retomar negociación, para consensuar o Plan Concellos, e con elas beneficiar a todos os veciños e veciñas.
A alcaldesa de Cangas Vitoria Portas reta ao señor Sotelo a que presente unha moción de censura, e saque así do poder ao que el denomina como okupas e gobernos bolivarianos, cunha petición, que esa moción vaia acompañada dun compromiso, de que se non a saca adiante presente a súa dimisión de inmediato, ao quedar demostrado novamente que os cangueses e canguesas non o queren no goberno.
Eu só podo dicir que hai que ser moi irresponsable, para nestes momentos que estamos a vivir de negociacións, unhas negociacións que son moi necesarias para o noso concello, o PP da man do señor Sotelo presenta unha rolda de prensa, co único fin de desviar a atención cara á parte económica, onde por certo, xa nos explicarán de (onde sacaron eses datos), tendo en conta que a liquidación aínda non está presentada, uns datos como os do remanente que son “falsos” e que o grupo de goberno demostrará non con palabras senón con documentación no seu momento.
Continuando coas súas mentiras lémbrolle ao señor Sotelo que levo un mes no cargo, e non asinei tantos levantamentos de reparo como deu a entender; ou tamén será tanta a desvergoña que agora que os señor Pazos non pode defenderse, sae á palestra para denuncialo, iso é o que podemos esperar da dereita.
Por ultimo lembrarlle ao PP, que non se poden esquecer do sitio que ocupan neste concello, que non é outro que o da oposición, unha oposición na que todos os veciños e veciñas de Cangas hai anos xa os instalaron, e sobre todo no tócante ás contas municipais, a dereita non é a máis indicada a darnos leccións, debido a que a día de hoxe desde este concello estanse a gastar cada ano máis de 2.000.000€ para amortizar a débeda descomunal que nos deixaron, así que leccións as xustas.
Victoria Portas leva toda a fin de semana intercalando os seus actos sociais con conversacións cos grupos político que teñen intención de apostar por sacar adiante o Plan concellos que vén dotado de case 800.000, que inclúen axudas á hostalería por valor de máis de 150.000€, e con tal motivo convocou no día de hoxe a sentar a negociar novamente a todos os grupos este mesmo luns, para achegar posicións e demostrarlle ao PP, que a súa alegría de deixar aos cangueses e canguesas sen o Plan Concellos está a piques de terminar.




