HomeVigoMosMos crea unha patrulla medioambiental

Mos crea unha patrulla medioambiental

- Anuncio -spot_img

Son os vixiantes do Mos Verdemulleres e homes voluntarios que velarán pola preservación e coidado dos entornos naturais do municipio, así como promoverán a concienciación, a reciclaxe e a educación sobre o respecto ao Medio Ambiente

O novidoso programa CoidaMos da concellería mosense de Medio Ambiente que dirixe a edil Laura Méndez, segue a dar pasos para implementar o seu plan de iniciativas con novas liñas de actuación. Tal é o caso da recentemente constituída patrulla medioambiental, integrada por veciños vixiantes do Mos Verde: mulleres e homes voluntarios que velarán pola preservación e coidado dos entornos naturais do municipio, así como promoverán a concienciación, a reciclaxe e a educación sobre o respecto ao Medio Ambiente. Trátase dun grupo de mulleres e homes concienciados co Medio Ambiente e amantes do seu pobo, das súas parroquias e seus espazos verdes.

Non é a primeira vez que desde o departamento Municipal de Medio Ambiente e desde o seu programa CoidaMos se promoven iniciativas de voluntariado. O pasado ano xa se creara a figura do voluntario xestor de colonia felina para o coidado e control dos gatos rueiros. Estas voluntarias e voluntarios realizan plans de formación e sensibilización para poder facer as tarefas propias de xestores de colonias, tales coma participar nos labores de coidado, desparasitación, alimentación e recollida e transporte para a esterilización, etc.

Neste caso concreto, este Programa de Voluntariado ambiental vai destinado a minimizar os impactos dos vertedoiros incontrolados no medio. Trata de coordinar os veciños, asociacións e interesados para saír a limpar e humanizar as zonas verdes que están sendo utilizadas para estes fins ao tempo que se conciencia á poboación sobre a correcta xestión dos residuos.

Esta patrulla medioambiental, conta con varias liñas de actuación:

1.            Campaña para informar e sensibilizar:  creada e impulsada para incentivar na veciñanza o coidado do medio, pretende reflectir a realidade da situación ao tempo que se ofrecen as solucións para evitar cada caso concreto. Son accións publicadas mensualmente no boletín de información municipal.

2.            Vixilancia e control: trátase de implicar aos veciños no seguimento e vixilancia do medio ambiente e dos lugares inventariados como puntos negros de vertidos. Inténtase motivar aos habitantes a denunciar estas actividades ante as autoridades competentes.

3.            Voluntariado ambiental: participar activamente da limpeza dos espazos co fin de erradicar os puntos negros e os lugares de vertidos incontrolados. Planifícanse saídas mensuais a lugares localizados e inventariados como zona de vertido por varios puntos do concello.

4.            Recuperación ambiental: trátase de recuperar as condicións ambientais dos lugares, focos e puntos negros recuperados nas campañas de limpeza mediante a sementeira, limpeza e acondicionamento destes espazos.

Outros obxectivos da patrulla son evaluar, informar, debatir e realizar propostas á Corporación sobre sostenibilidade e medio ambiente municipal, seus problemas, necesidades e melloras. Propoñer iniciativas de estudo e análise que propicien o desarrollo sostible do municipio e a protección do medio ambiente. Impulsar a participación das asociacións e entidades interesadas na xestión medioambiental municipal e promocionar o asociacionismo. Colaborar no deseño e posta en marcha de actividades, campañas e programas de concienciación e sensibilización cidadá en materia ambiental e de desarrollo sostenible, tales como andainas, recollidas de “Basuraleza”, obradoiros e campañas de economía circular, información e concienciación sobre a limpeza de fincas, a compostaxe e a reciclaxe, actividadescon escolares nos colexios de Mos e concienciación coa reciclaxe mediante stands nas festas gastronómicas, culturais e/ou eventos musicais do Concello.

Publicacións Relacionadas