HomeVigoNigránO concello de Nigrán amplía as obras de arte urbana "Pintura no...

O concello de Nigrán amplía as obras de arte urbana “Pintura no lugar” ao interior na parroquia de Panxón

- Anuncio -spot_img

O pintor Juan Rivas extende o proxecto iniciado o ano pasado en San Pedro e A Carrasca a Panxón empregando unha decena de postes como lienzos nos que replica cadansúa paisaxe exterior provocando un efecto óptico sorprendente

As intervencións serán xeolocalizadas para xerar andainas artísticas por esta zona de Panxón máis descoñecida para os visitantes

“Somos referentes en arte urbana grazas a este proxecto ou ao grandioso mural de Lula Goce na Ramallosa”, valora o alcalde, Juan González

Nigrán, 16/08/25.- O Concello de Nigrán continúa apostando pola arte urbana como fórmular para embelecer a súa paisaxe xerando dinámicas diferentes, agora na parroquia de Panxón. O artífice volve a ser Juan Rivas Fernández, pintor, docente e fotógrafo pontevedrés que a xa o ano pasado deixou a súa pegada en forma de “paisaxe estendida” a postes ou farolas da contorna de San Pedro da Ramallosa e A Carrasca (Parada). O resultado, viralizado en redes, é un sorprendente efecto óptico que repite agora en dez postes do interior de Panxón por encargo novamente do Concello, que desexa deste xeito dar a coñecer zonas menos transitadas do municipio creando andainas artísticas, polo que todas as obras serán xeolocalizadas.

“Nigrán é xa un referente en arte urbana grazas a este proxecto ou ao mural de Lula Goce na Ramallosa premiado internacionalmente e queremos seguir avanzando, por iso redobramos a aposta por este concepto diferente de arte urbana na que contido e continente se confunden”, sinala o alcalde, Juan González. Estas novas intervencións poden seguirse xa nunha andaina que comeza na Praza da Porqueira e continúa pola Praza do Quinteiro, Rabadeira e barrio de Sancho.

Bautizado como ‘Pintura no lugar’, o proxecto chegou no 2024 ao Concello da man do galerista nigranés Diego Santomé, quen nese intre mantiña unha exposición de Rivas na súa ‘mini’ galería na rúa Argonautas, 34 (A Ramallosa). “Desde o inicio gustounos a idea e ante a gran acollida que tivo quixemos estender o proxecto a Panxón”, engade González.

A localización, explica Rivas, nunca é caprichosa, elixindo sempre zonas menos masificadas e coñecidas, e todas con requirimentos imprescindibles como que a luz do sol afecte por igual nun determinado momento ao soporte e a súa paisaxe adxacente ou que na zona haxa algún elemento diferenciador e medianamente representable para así crear o efecto buscado; por iso, antes de comezar a pintar, hai moitas horas previas de paseos e fotografías. “Gústame o concepto de levar á xente polos camiños dos barrios do interior para descubrir a obra. Resulta moi impactante, de repente Rivas fai invisibles os postes estendendo a eles a paisaxe natural da zona, o efecto óptico é moi sorprendente”, subliña González.

As obras son en acrílico e posteriormente vernizadas para que perduren no tempo, tal e como se manteñen aínda as que Rivas realizou en Finlandia (Karakallio, distrito de Espoo) no ano 2019 empregando caixóns de electricidade como soporte. Ata ese momento eran intervencións efémeras porque Rivas pintaba con xis para quedarse simplemente coa fotografía como recordo. 

Publicacións Relacionadas