O grupo de goberno cre que hai que empezar a concienciar ás nosas bases, é dicir aos nosos fillos e fillas na igualdade da muller
O grupo de goberno quixo facer visible o papel da muller de Vila de cruces neste ano atípico onde non é posible realizar manifestacións multitudinarias debido ao Covid-19.
Por este motivo realizaron un vídeo que promociona o traballo dalgunhas emprendedoras de Vila de Cruces, un vídeo que estará colgado nas redes sociais este mediodía, no vídeo varias emprendedoras da nosa vila explican como foron os seus comezos e alentar ás novas e non tan novas a que consigan os seus obxectivos levando a cabo os seus proxectos sen medo, todo isto fano contando o duras que foron os seus comezos, pero do cal senten totalmente orgullosas.
Tamén se expoñerá unha pancarta na fachada do concello coa frase reivindicativa “ Xunt@ s Seguiremos sumando dereitos”
O grupo de Goberno quixo que todos os alumnos e alumnas de Vila de Cruces desde o xardín de infancia, ata o instituto comecen a entender os dereitos da muller xa que estes mozos son o noso futuro e os que en anos vindeiros terán que tomar decisións e aplicar as nosas leis, para iso quixeron que todos e cada un deles teñan un detalle que lles lembre a importancia da igualdade entre homes e mulleres, o detalle consiste nunha cunca impresa coa frase “ Xunt@ s Seguiremos sumando dereitos”, que serán entregadas en todos os centros de estudo do concello para que os seus profesores poidan facerlla chegar.
Luís Taboada e o seu equipo agradecen enormemente o compromiso que tiveron todos os educadores e por suposto aos directores/ as dos centros que acolleron esta iniciativa e nestes agradecementos por suposto non poden faltar as nosas emprendedoras que cos seus relatos seguro que moitas mulleres ven reflectidas.




