- A alcaldesa manifesta, que a Autoridade Portuaria de Vigo segue dando largas os veciños e veciñas de Cangas na desafectación e leva así anos.
- Non só non desafectan o paseo O Salgueirón, senón que pretenden que paguen a reparación dos danos ocasionados polo desgaste dos anos.
No día de hoxe a alcaldesa de Cangas Vitoria Portas tras analizar toda a documentación existente no Concello, devolveu a visita que o hai case un mes fixo o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, para propoñerlle un novo marco de colaboración co obxecto de salientar os problemas derivados de finalización do Convenio e sempre vinculado a desafectación que é tan importante para a veciñanza de Cangas.
Nesta reunión Portas puido comprobar a cortina de fume que foi a primeira visita mantida no concello de Cangas por este organismo, posto que cando a alcaldesa se presentou hoxe coa intención de chegar a un acordo con respecto da reclamación formulada pola APV en relación o acondicionamento e mantemento do Paseo do Salgueirón, atopouse cunha negativa rotunda e unha esixencia contundente por parte do señor Almuiña, ata o punto de reclamar ao concello unha cantidade moito máis elevada que a esixida na anterior reunión, xa que se solicitaba que se abonase dende o concello uns 21.000€ que polo visto no día de hoxe despois dun mes xa non son suficientes e agora teñen que ser 45.000€, este é o primeiro engano; porque unha de dúas, ou ben a primeira reunión foi un trámite para saír na foto e facer que lle importaba o benestar dos cangueses e canguesas, ou ben os técnicos cometeron un erro ao valorar os danos, algo que se antolla imposible, porque desde o consistorio están seguros que son auténticos profesionais e que nunca cometerían o erro de confundirse nun montante de máis do dobre, como esixen agora.
O que leva a recapacitar á nova alcaldesa de Cangas, e ver claramente que a primeira visita de Vázquez Almuiña, era un trámite burocrático sen intención de achegar posicións na que nin sequera tiña os datos reais do custo da reparación, algo que tampouco lle estraña demasiado, ao ver que en todos estes anos pasaron pola Autoridade Portuaria de Vigo 3 presidentes distintos, que non cumpriron co acordado, e este último escudándose nas alegacións presentadas ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica, non move ficha e deixa pasar o tempo.
Un tempo moi valioso que lles permitiría a todos os veciños e veciñas de Cangas gozar dun lugar de esparexemento, que estivese acondicionado e sen perigos evidentes, uns perigos que poden comprobar todos os viandantes ao longo de todos estes meses.
A alcaldesa está totalmente en sintonía coas palabras do presidente da Autoridade portuaria, cando di que iso non pode seguir así e que hai que darlle unha solución inmediata ás condicións do paseo, pero non está de acordo en que esa solución pase pola imposición da Autoridade Portuaria a marxe do Convenio asinado, porque como saben, lembrarnos que desde o 21 xullo do 2020 a corporación municipal acordou en sesión plenaria a desconformidade das obras que se lle imputaban e que dende 1 de outubro do 2020 o convenio rematou.
O que non di, segundo a alcaldesa é que, desde o 1 de outubro do 2020, non se chegou a un acordo porque romperon a súa palabra ao non ceder os terreos, e buscar que se asinase un novo convenio, sen cumprir o acordado no primeiro, que pasaba pola desafectación dos mesmos para entregarllos ao concello.
Pois ben, Vitoria portas quere agradecer que a recibiran no día de hoxe, aínda que fose para recibir a mala noticia, como é a de que non entregarán os terreos, e espera que en breve o señor Almuiña recapacite e cumpra o prometido, pero mentres tanto agradecería á Autoridade Portuaria, que iniciase urxentemente as obras necesarias sen máis dilación, antes de que unha reparación que é segundo os técnicos de 21.000€ “hai un mes”, e de 45.000€ nestes momentos, e que seguro se poñerá en centos de miles de euros se non se repara.
Con isto a alcaldesa reitera a urxencia nas actuacións para a súa reparación por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, e indistintamente das decisións que tome esta institución unilateralmente, ela seguirá intentando un acordo que séa beneficioso para ambas partes, e ponse a disposición do señor Almuiña cando teña os informes pertinentes e vexa como se pode chegar a un acordo para a desafectación dos terreos.




