HomeVigoBaionaVoleibol en Baiona

Voleibol en Baiona

- Anuncio -spot_img

A asociación cultural e deportiva Estreliña en colaboración co Concello de Baiona ofertará a actividade de voleibol en Baiona. A partir de outubro abriranse clases para nenos e nenas a partir dos 10 anos. Organizarase proximamente unha xornada de iniciación de portas abertas para que a que os interesados poidan probar sen compromiso. Tamén se ofertará voleibol para maiores, tanto masculino como feminino. O obxectivo é a creación dun club deportivo da modalidade de voleibol en Baiona, que ademais de contar coa colaboración do Concello de Baiona, tamén contará coa colaboración do club vóley Vigo, todo un referente en Galicia.

Publicacións Relacionadas