A concelleira Silvia Xunco denunciou “o penoso estado” no que se atopa este espazo verde e defende a necesidade “de devolver o seu valor á leira do Conde de Bugallal, cunha superficie superior á Alameda”
Tanto a edil como o presidente dos populares de Pontevedra, Rafa Domínguez, percorreron o terreo cos veciños, que trasladaron á formación as súas demandas: “Debemos acondicionar o sitio para o goce dos veciños”
A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Silvia Xunco denunciou “o penoso estado” no que se atopa a leira do Conde de Bugallal e a súa contorna, situada no barrio da Parda. Este terreo, cunha superficie de máis de catorce mil metros cadrados, superior á Alameda, sofre na actualidade “unha situación de abandono que necesita dunha inmediata actuación de arranxo e o seu posterior posta en valor”.
Xunco, acompañada do presidente dos populares de Pontevedra, Rafa Domínguez, percorreu toda a zona para recoñecer o estado de abandono, tamén denunciado polos veciños. Así pois, os populares, xunto con residentes na zona, fixeron un traxecto a pé para identificar os puntos que se atopan en peor estado. “Debemos devolver o valor que tiña á leira do Conde de Bugallal. As posibilidades son moi amplías nun parque que, sen dúbida, debemos explorar”, quixo destacar Xunco.
Os veciños suxeriron a posibilidade de que se habilite neste espazo diferentes zonas de esparexemento, tanto para nenos como para persoas maiores. Nesta liña, os populares xa se levaron a cabo por petición dos populares, como a instalación de sinais viarios no barrio, o asfaltado dalgunha vía e a retirada de vehículos abandonados.




