HomePontevedraDezaXUNTOS, BNG E PSOE volven deixar en ridículo ao PP, que votou...

XUNTOS, BNG E PSOE volven deixar en ridículo ao PP, que votou en contra dun investimento de preto de 500.000€ para todos os cruceños e cruceñas

- Anuncio -spot_img

• O BNG e o PSOE apoiaron ao alcalde Luís Taboada na aprobación dos proxectos do plan concellos 2021 por un valor de preto de 500.000€ de investimento.

• Luís Taboada agradece a altura de miras de BNG e PSOE na súa votación do día de hoxe e anima ao PSOE a que sexa máis valente en próximas votacións, aínda que agradece o seu xesto de hoxe ao absterse en varios destes proxectos.

No día de hoxe celebrouse un pleno extraordinario no que o grupo de goberno co alcalde á cabeza Luís Taboada presentaron a súa proposta para os proxectos das futuras obras do Plan Concellos por un importe de preto de 500.000€


Taboada nun acto democrático leva varios meses expoñendo aos demais grupos políticos as posibles obras que poderían contemplar para presentar á Deputación de Pontevedra no Plan Concellos do 2021, pero como era de esperar o grupo do Partido Popular no seu afán de política de destrución votou en contra destes proxectos que financia o concello coa partida económica que lle toca da Deputación que este ano ascenden a preto de medio millón de euros

O PP co señor Otero como máximo responsable non tivo nin sequera a dignidade de absterse na votación, votando el e todo o seu grupo en contra de que se realizasen as seguintes obras:

  • PROXECTO DE MELLORA DA CAPA DE RODAXE DO CAMIÑO QUE VAI DENDE O CAMPO DA FESTA  DE PILOÑO ATA ALCOBRE.
  • PROXECTO DE MELLORA DA CAPA DE RODAXE DO CAMIÑO  EIREXE.ARNEGO-EP 6405.
  • PROXECTO DE MELLORA DA CAPA DE RODAXE DO CAMIÑO  VILA DE CRUCES – FORNELOS.
  • PROXECTO DE MELLORA DA CAPA DE RODAXE DO CAMIÑO  EN AMOSA (OLLARES).
  • PROXECTO DE MELLORA DA CAPA DE RODAXE DE 2 CAMIÑOS EN CUMEIRO.


A votación no primeiro proxecto de Piloño contou con todos os votos favorables excepto o PP que voto en contra, nos demais puntos o PP seguiu coa súa estratexia de destrución e desgoberno e volveu votar en contra, algo que sabían que non lles serviría de nada ao ser o grupo minoritario no concello, saíndo adiante cos votos favorables de Xuntos e BNG e a abstención do PSOE.

Luís Taboada agradece as alturas de mira dos grupos políticos do BNG e do PSOE de Vila de Cruces que souberon entender que todas as obras que se poidan realizar na nosa vila son benvidas, e afea a actitude do PP que o único que sabe é ir aos plenos para mentir e a difamar ao goberno, e cando Luís Taboada di que amenten, dio con propiedade, xa que como todo o mundo pode comprobar hai escasos días o Faro de Vigo anunciaba aos catro ventos que o alcalde Taboada chegara a un consenso coa oposición nas devanditas obras, e que o PP as ía a apoiar.

Pois xa ven o resultado das votacións, está claro que o grupo político do PP en Vila de Cruces cada vez ten menos credibilidade, e non son de fiar, seguen pensando que a súa política destrutiva afecta a Luís Taboada, e non se dan conta ou non queren ver, que a quen afecta as súas decisións son a todos e cada un dos seus veciños.

Ao grupo de goberno gustaríalles ver como o señor Otero explícalles aos seus veciños de Piloño, Arnego, Ollares e Cumeiro, que se por eles fóra non se facían estes traballos, como demostraron no pleno de hoxe coa súa votación en contra de todos eles.

E Luís Taboada quérelle dicir ao señor Otero, que teña un pouco de dignidade e que xa que o nos seus últimos mandatos non facía máis que levar para casa máis de 180.000€ do seu soldo sen preocuparlle as súas veciñas e veciños, que deixe traballar a quen non cobra do concello e tenta que todas as parroquias teñan actuacións, e que o tempo do caciquismo terminou e anima a que todos os cruceños e cruceñas  vexan a gravación do pleno de hoxe onde o PP queda retratado.

Publicacións Relacionadas