Será o luns 12 ás 20.00 horas no Multiusos da Praza de Abastos e, ademais de con Feijóo, contará coas intervencións da presidenta local do PP de Marín e membro do Comité de Dirección Provincial, María Ramallo, e do secretario local do PP marinense e número 15 da candidatura por Pontevedra, Manuel Santos Costa.
O Partido Popular de Marín arroupará a candidatura de Alfonso Rueda para seguir presidindo a Xunta de Galicia nun mitin no que intervirá o presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo. Será o luns 12 ás 20.00 horas no Multiusos da Praza de Abastos e nel tamén intervirán a actual alcaldesa e presidenta local do PP de Marín, María Ramallo, así como Manuel Santos, secretario popular marinense e número 15 pola candidatura de Pontevedra.
Os populares da vila animan a toda a súa base, así como á cidadanía en xeral, a acudir a un mitin “no que plasmar a realidade dunha Galicia que funciona, contraposta á Galicia gris, apagada e pouco próspera que debuxa a oposición e que non ten nada que ver con todo o conseguido e o que está por vir”.
“Unha Galicia na que todos cabemos e para a que fai falta non dar ningún voto por perdido para acadar a primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda, que ten como obxectivo o que sempre perseguiu desde que é presidente: seguir traballando por Galicia”, rematan.




