― O xerente, José Flores Arias, mantivo hoxe no hospital Provincial un encontro co novo comisario xefe provincial de Pontevedra do Corpo Nacional de Policía, Juan José Díaz Jiménez, na que se reeditaron os protocolos de dispoñibilidade e colaboración conxunta que ambas institucións comparten e revisan
― Lembráronse as diversas liñas de actuación conxunta vixentes ante agresións a persoal sanitario, establecendo os dispositivos necesarios e reforzando a coordinación interinstitucional
O xerente, José Flores Arias, mantivo hoxe no hospital Provincial de Pontevedra un encontro co novo comisario xefe provincial de Pontevedra do Corpo Nacional de Policía, Juan José Díaz Jiménez, na que se reeditaron os protocolos de dispoñibilidade e colaboración conxunta que ambas institucións comparten e revisan periódicamente.
Ambos responsables mencionaron as liñas xerais do vixente protocolo sobre medidas policiais frente a agresións a profesionais da saúde, quedando patente de novo a consideración de autoridade pública dos profesionais que conforman o colectivo sanitario.
Dito protocolo tamén establece mecanismos e instrumentos tanto preventivos coma de coordinación permanente entre os expertos policiais e as autoridades sanitarias.
Dispositivos necesarios e coordinación interinstitucional
Durante a reunión de hoxe no Hospital Provincial do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, o xerente José Flores e o novo comisario xefe provincial do Corpo Nacional de Policía, Juan José Díaz Jiménez profundizaron en diversas liñas de actuación conxunta ante este tipo de agresións, xunto coa total disposición da Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés para, de xeito coordinado co Corpo Nacional de Policía, establecer todos os dispositivos necesarios e de reforzo da coordinación interinstitucional conxunta no caso dunha emerxencia ou incidencia de orde pública que poidera xurdir tanto no distrito sanitario de Pontevedra coma o de O Salnés.




