HomeXunta de GaliciaA FP Galega acada este curso as 115 aulas tecnolóxicas grazas a...

A FP Galega acada este curso as 115 aulas tecnolóxicas grazas a un investimento de 6,3 M€

- Anuncio -spot_img
  • Román Rodríguez inaugura en Foz un dos 35 novos espazos de innovación aplicada de Formación Profesional que se estrean este curso na nosa Comunidade
  • Subliña que estes espazos “simulan contornas laborais reais” e reforzan “a conexión da FP coa realidade dos centros de traballo”

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, inaugurou hoxe unha das 35 novas aulas tecnolóxicas que se poñen en marcha este curso, o que fai que Galicia acade xa as 115 repartidas. Trátase da Aula de Torrado de Café do IES de Foz, dotada cun investimento de 55.000 euros, unha mostra máis da aposta pola modernización e a actualización constante da Formación Profesional.

Coa ampliación realizada este curso pola Xunta, o desenvolvemento destes espazos supón un investimento global de 6,3 millóns de euros nos últimos catro anos e consolida unha infraestrutura innovadora orientada á excelencia e á empregabilidade.

O titular de Educación, que estivo acompañado na visita na Mariña pola directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, subliñou que estes espazos “amosan como a FP se adapta ás necesidades reais do mercado laboral e forma profesionais capaces de responder ás esixencias do sector”. Engadiu tamén que iniciativas como esta “permítenlle aos estudantes coñecer espazos que mostran a dinámica dos centros de traballo, mellorando así a súa cualificación e empregabilidade”.

Os espazos de tecnoloxía aplicada teñen como finalidade reproducir ambientes laborais mediante equipamento avanzado. Segundo a especialidade de cada centro, poden incluír impresoras 3D, sistemas de realidade inmersiva, virtual ou mixta, tecnoloxías holográficas, ferramentas de intelixencia artificial aplicada ou equipos informáticos de altas prestacións. Cada aula está concibida como un referente no seu ámbito, favorecendo a colaboración entre administracións, centros e empresas, e reforzando a conexión entre o proceso formativo e as necesidades reais do mercado laboral.

No caso concreto da nova Aula Tecnolóxica de Torrado de Café do Instituto de Foz, reprodúcese un tostadeiro profesional que permite ao alumnado coñecer de primeira man o proceso completo do café, desde o tratamento do gran verde ata a preparación final do produto. Para iso, está equipada con maquinaria específica como dispositivos de medición de humidade, densidade e tamaño do gran, un muíño especializado para as probas de cata e un torrador profesional con capacidade para ata dous quilos.

Novas aulas tecnolóxicas curso 2025/2026

ConcelloCentroNome do proxecto
ArzúaIES de ArzúaEspazo tecnolóxico dixital: Lidar e Innovación Dixital na Aula (LIDAD)
BetanzosIES As MariñasLaboratorio tecnolóxico de sistemas avanzados de axuda á condución e realidade aumentada e virtual
BurelaIES PerdouroEvoLuCiÓn.ArTe
BurelaIES Monte CasteloAula tecnoloxía de investigación e innovación para laboratorio e prevención de riscos profesionais
CangasIES María SoliñoTecnoFit: Conectando o adestramento e a aprendizaxe dixital
CedeiraIES Punta CandieiraEspazo DIXA 5.0
A CoruñaCIFP Imaxe e SonAMA 5.0: Innovación en movemento
A CoruñaIES Ramón Menéndez PidalTenda dixital 360
CulleredoCIFP Universidade LaboralAula de Simulación Inmersiva para a Manobra de Buques e Aprendizaxe da Dirección: SIMBAD
FerrolCIFP LeixaEspazo gráfico de innovación tecnolóxica: Realidade Virtual, aumentada, 3D e displays publicitarios
FerrolCIFP FerrolterraEspazo Tecnolóxico de Dixitalización e Produción en rede de Carpintería e Mobiliario.
FerrolCIFP Rodolfo Ucha PiñeiroSala 360 de actividade física multidisciplinar
LugoCIFP As MercedesRetail Lab 4.0: Innovación e tecnoloxía para o comercio do futuro
LugoCIFP Politécnico de LugoLabTec 4.0: Espazo de Innovación en Dixitalización, Xestión Enerxética e Tecnoloxías IoT
MondoñedoIES Plurilingüe San RosendoEspazo produtivo de alta eficiencia enerxética
Monforte de LemosIES A PinguelaAula Tech Beauty
MuxíaIES Ramón CaamañoObradoiro de I+D+I innovAR , “A creatividade como nexo de unión na producción entre empresa e centros educativos
NoiaIES Virxe do MarAula escenario AV Noia XXI
O Barco de ValdeorrasIES Lauro OlmoAula hibrido-virtual 2025
OurenseIES 12 de OutubroLaboratorio de impresión 3D. Ensaios de metroloxía avanzada na industria 4.0
OurenseIES Universidade LaboralEspazo de mantemento e industria 4.0
OurenseCIFP A FarixaTaller 5.0
PontevedraCIFP Carlos OrozaOROZA lARPeLab
PontevedraCIFP MonteceloEspazo de Tecnoloxía Aplicada ao Citodiagnóstico e dixitalación de imaxes citolóxicas e histolóxicas en Anatomía patolóxica
PontevedraCIFP A XunqueiraAula tecnolóxica de simulación industrial e prototipos electrónicos
RibeiraCIFP CorosoAula Efitec I.A.
Santiago de CompostelaCIFP CompostelaHOTEL 4.0 Espazos Accesibles e Dixitais. Simulación Avanzada para Hotelería
VigoCIFP Manuel AntonioAula CAD/CAM de Téxtil
VigoCIFP Audiovisual de VigoRede Educativa Audiovisual Galega (REAG)
VigoIES Politécnico de VigoATD7-EeOC. Esapazo de tecnoloxíoa aplicadana FP á  edificación e obra civil
VigoCIFP Valentín Paz AndradeEspazo de tecnoloxía aplicada en soldadura de última xeración
VigoIES Ricardo MellaRadioTech 4.0
Vilagarcía de ArousaCIFP FontecarmoaAula do mantemento na industria 5.0 para alumnos de Mecatronica Industrial
VilamarínCIFP de VilamarínAula Bioprocesos: Aula de procesos bióloxicos controlados para a industria alimentaria e a restauración
ViveiroIES María SarmientoGaraxe I-ntelixente

Publicacións Relacionadas