HomeXunta de GaliciaA Rede de Aulas de Capacitación Dixital da Xunta suma16 centros e...

A Rede de Aulas de Capacitación Dixital da Xunta suma16 centros e chega a 71 en toda Galicia

- Anuncio -spot_img

Estes espazos permiten á cidadanía formarse en competencias dixitais para o aceso a servizos como a banca, a relación coas administracións ou o consumo telemático

En 2023 formáronse máis de 2.400 persoas nestas aulas e está previsto formar outras 2.792 en 2024

A Xunta de Galicia incorpora 16 novos centros á Rede de Capacitación Dixital, de tal forma que son xa 71 os centros que imparten ensinanzas para persoas adultas de educación secundaria, bacharelato ou FP, que dispoñen destas aulas. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina un total 1.230.875€ para o conxunto destes espazos.
Esta actuación pon ao servizo da cidadanía as infraestruturas e dotacións dos centros educativos para formarse nas competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática.


As actividades van dirixidas, preferentemente, ás persoas maiores de 55 anos cun nivel baixo de cualificación neste eido, atendendo especialmente a fenda de xénero, á poboación vulnerable e ás zonas rurais, de acordo co establecido na Estratexia Edudixital 2030, que ten como eixo segundo a mellora das competencias dixitais da cidadanía no ámbito das súas competencias.
Durante o seu primeiro ano de funcionamento formáronse en competencias dixitais básicas nas 55 aulas habilitadas na primeira convocatoria un total de 2.409 persoas e agárdase chegar a 2.792 ao longo do ano 2024.
A relación de centros dotados con estas aulas, das que as marcadas en verde son de nova incorporación, é a que se reflicte no seguinte cadro:

ProvinciaConcelloNome do centro
A CoruñaArteixoIES de Sabón
A CoruñaBetanzosIES As Mariñas
A CoruñaCarballoIES Isidro Parga Pondal
A CoruñaCedeiraIES Punta Candieira
A CoruñaCeeIES Fernando Blanco
A CoruñaA CoruñaEPAPU Eduardo Pondal
A CoruñaA CoruñaIES Plurilingüe Eusebio da Guarda
A CoruñaCulleredoIES Rego de Trabe
A CoruñaCurtisEPAPU de Teixeiro
A CoruñaFerrolEPAPU Sta. María de Caranza
A CoruñaFerrolIES Concepción Arenal
A CoruñaMelideIES de Melide
A CoruñaMurosIES Plurilingüe Fontexería
A CoruñaNoiaIES Campo de San Alberto
A CoruñaOutesIES Poeta Añón
A CoruñaAs Pontes de García RodríguezIES Plurilingüe Castro da Uz
A CoruñaRibeiraIES Nº 1
A CoruñaSadaIES Isaac Díaz Pardo
A CoruñaSantiago de CompostelaIES Arcebispo Xelmírez I
A CoruñaSantiago de CompostelaIES Plurilingüe Rosalía de Castro
A CoruñaSantiago de CompostelaIES San Clemente
LugoBurelaIES Monte Castelo
LugoChantadaIES Lama das Quendas
LugoFozIES de Foz
LugoLugoCIFP As Mercedes
LugoLugoEPAPU Albeiros
LugoLugoIES Muralla Romana
LugoMonforte de LemosIES Río Cabe
LugoMonterrosoEPAPU de Monterroso
LugoOuteiro de ReiEPAPU de Bonxe
LugoRibadeoCIFP Porta da Auga
LugoRibadeoIES de Ribadeo Dionisio Gamallo
LugoSarriaIES Gregorio Fernández
LugoVilalbaIES Lois Peña Novo
LugoViveiroIES María Sarmiento
OurenseO Barco de ValdeorrasIES Lauro Olmo
OurenseO CarballiñoIES Manuel Chamoso Lamas
OurenseOurenseCIFP A Carballeira
OurenseOurenseCIFP A Farixa
OurenseOurenseEPAPU de Ourense
OurenseOurenseIES Ramón Otero Pedrayo
OurenseOurenseIES Universidade Laboral
OurenseO Pereiro de AguiarEPAPU de Pereiro de Aguiar
OurenseVerínIES García-Barbón
PontevedraBueuIES Johan Carballeira
PontevedraCambadosIES Francisco Asorey
PontevedraCangasIES de Rodeira
PontevedraA EstradaIES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
PontevedraA GuardaIES A Sangriña
PontevedraLalínIES Laxeiro
PontevedraA LamaEPAPU Nelson Mandela
PontevedraMarínIES Chan do Monte
PontevedraNigránIES Escolas Proval
PontevedraPonteareasIES Val do Tea
PontevedraPontevedraCIFP A Xunqueira
PontevedraPontevedraCIFP Montecelo
PontevedraPontevedraEPAPU Río Lérez
PontevedraO PorriñoIES Ribeira do Louro
PontevedraRedondelaIES Pedro Floriani
PontevedraSanxenxoIES de Vilalonga
PontevedraSilledaIES Plurilingüe Pintor Colmeiro
PontevedraTuiIES Indalecio Pérez Tizón
PontevedraVigoCIFP Valentín Paz Andrade
PontevedraVigoEPAPU Berbés
PontevedraVigoIES A Guía
PontevedraVigoIES Castelao
PontevedraVigoIES de Teis
PontevedraVigoIES Politécnico de Vigo
PontevedraVigoIES Santa Irene
PontevedraVilagarcía de ArousaCIFP Fontecarmoa
PontevedraVilagarcía de ArousaIES Armando Cotarelo Valledor

Publicacións Relacionadas