HomeXunta de GaliciaA Xunta amplia 43 centros educativos cun investimento de 68M€ para atender...

A Xunta amplia 43 centros educativos cun investimento de 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado galego

- Anuncio -spot_img

— A través destas actuacións respóndese ás demandas de escolarización de zonas con maior dinamismo demográfico coa construción de novos edificios e aulas

— Outro dos eidos de actuacións son os talleres de FP, cunha matrícula crecente e dotación de espazos equipados para ciclos cada vez máis tecnificados

— Adáptanse os centros aos cambios sociais, con novos espazos de aprendizaxe para metodoloxías innovadoras, bibliotecas más amplas ou pistas deportivas cubertas

A Xunta está a ampliar un total de 43 centros de ensino cun investimento de case 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado. Faino ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para adaptar as instalacións educativas ás novas realidades do ensino na actualidade. Así o explicou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, nunha visita ao novo edificio de talleres de Formación Profesional do Instituto IES Antón Losada Diéguez, na Estrada.
O titular de Educación da Xunta explicou que con estas actuacións de ampliación “se atenden as necesidades de escolarización de zonas con maior dinamismo demográfico”. Neste senso, detallou que a Consellería -da man dos concellos- analiza as previsións e necesidades de matrícula das diferentes zonas para dotalas das infraestruturas precisas.

Grazas a isto créanse prazas para matriculación de novos alumnos en Infantil e Primaria alí onde son necesarias e facilítase que os alumnos poidan realizar o ensino Secundario e o Bacharelato sen desprazarse a outros concellos. Tamén se amplían talleres de FP para atender o notable incremento de alumnado experimentado nos últimos anos.
“As actuacións de ampliación serven para dar adaptar os centros aos novos tempos, con espazos con novos enfoques pedagóxicos para distintas metodoloxías de aprendizaxe innovadoras, o que inclúe bibliotecas más amplas, pistas deportivas cubertas e espazos de lecer”, enumerou o conselleiro durante a visita ás obras en marcha na Estrada.

Investimento nas catro provincias
Por provincias, as que concentran máis actuacións de ampliación, en consonancia cun maior número de alumnos matriculados, son as da Coruña (16 actuacións por 23,5M€) e Pontevedra (15 ampliacións por 29,2M€). En Lugo estanse a ampliar catro centros por importe de 3,9M€ e en Ourense un total de oito, cun orzamento de máis de 11,1M€.

No referido ao estado das actuacións, oito delas están rematadas, cun investimento de máis de 10,9M€, e outras 20 están en marcha, cun orzamento de 38,1M€. Ademais, están xa programadas outras 15 ampliacións, nas que se prevé un investimento de -como mínimo- 18,6M€, cifra que medrará cando se avance na súa planificación administrativa, dado que aínda hai varias cuxo orzamento está a determinarse por parte dos técnicos.
Aposta pola mellora do ensino
No caso concreto da visita de hoxe na Estrada, o conselleiro sinalou que a obra forma parte das ampliacións no eido de FP, que dá resposta ao “gran incremento da matrícula e ás necesidades de espazos totalmente equipados para impartir uns ciclos cada vez máis tecnificados”. “Estamos a dotar os centros de FP de máis e mellores espazos, no marco da aposta que a Xunta mantén desde hai máis dunha década con estas ensinanzas, cuxa prestixio medra día a día e cuxas cifras están en récords históricos”, destacou.

O titular do departamento educativo da Xunta lembrou que neste ano 2024 remata o vixente Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, malia que algunhas obras programadas ao seu abeiro continuarán executándose dada a grande envergadura de moitas delas.

RELACIÓN DE AMPLIACIÓNS REMATADAS, EN MARCHA E PROGRAMADAS

  PROVINCIA  CONCELLOCENTROIMPORTE
REMATADAS
Coruña, AOleirosCEIP Juana de Vega100.738,82 €
LugoLugoIES Sanxillao1.804.936,95 €
LugoLugoCIFP Politécnico1.223.178,11 €
LugoSarriaIES Xograr Afonso Gómez276.172,92 €
OurenseOurenseIES Xesús Ferro Couselo3.263.614,39 €
PontevedraMosIES de Mos758.261,93 €
PontevedraPontevedraCIFP Carlos Oroza2.789.252,92 €
PontevedraPontevedraIES Luís Seoane722.890,30 €
EN MARCHA
Coruña, AAmesCEIP Agro do Muíño3.441.359,56 €
Coruña, AAresCPI As Mirandas3.069.035,68 €
Coruña, AArteixoIES de Pastoriza2.142.308,93 €
Coruña, ACoruña, AIES Plurilingüe Elviña440.175,68 €
Coruña, AFisterraCEIP Mar de Fóra951.142,34 €
Coruña, AOleirosIES Miraflores480.373,48 €
Coruña, APontedeumeCIFP Fraga do Eume377.000,00 €
Coruña, ASantiago de CompostelaIES Eduardo Pondal3.116.839,59
LugoChantadaIES Lama das Quendas558.051,16 €
OurenseCarballiño, OIES Manuel Chamoso Lamas2.387.213,19 €
OurenseOurenseCEIP Plurilingüe Inmaculada1.270.000,00
OurenseOurenseIES Eduardo Blanco Amor821.751,62 €
OurenseVilamarínCIFP de Vilamarín792.294,69 €
PontevedraBaionaEEI O Areal224.808,02 €
PontevedraCaldas de ReisIES Plurilingüe Aquis Celenis5.372.153,12 €
PontevedraEstrada, AIES Plurilingüe Antón Losada Diéguez3.077.167,43 €
PontevedraPontevedraEEI Concepción Crespo Rivas721.006,52 €
PontevedraRedondelaIES Pedro Floriani1.888.821,10 €
PontevedraSalceda de CaselasIES Pedras Rubias3.319.158,56 €
PontevedraVilagarcía de ArousaCIFP Fontecarmoa3.726.630,99 €
PROGRAMADAS
Coruña, ACoruña, ACIFP Imaxe e Son3.000.000,00 €
Coruña, ACoruña, AIES Agra do Orzán1.250.000,00 €
Coruña, ACoruña, ACIFP Paseo das Pontes500.000,00 €
Coruña, AFerrolCIFP Ferrolterra2.500.000,00 €
Coruña, AFerrolCIFP Leixa1.500.000,00 €
Coruña, AFerrolIES Ricardo Carvalho Calero650.000,00 €
Coruña, AFerrolIES Ferrol VelloPor determinar
PontevedraCambadosCEIP San Tomé850.000,00 €
PontevedraGrove, OCEIP Rosalía de Castro2.600.000,00 €
PontevedraLalínIES Ramón Mª Aller Ulloa2.500.000,00 €
OurenseOurenseCIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel1.625.000,00 €
OurenseOurenseCIFP A Farixa967.261,00 €
OurensePereiro de Aguiar, OCEIP Plurilingüe Ben-Cho-SheyPor determinar
PontevedraTomiñoIES Antón Alonso RíosPor determinar
PontevedraVilagarcía de ArousaCEIP Plurilingüe Arealonga650.000,00 €

Publicacións Relacionadas