HomeXunta de GaliciaA Xunta comprométese a continuar apoiando iniciativas de mellora para as persoas...

A Xunta comprométese a continuar apoiando iniciativas de mellora para as persoas con transtorno do espectro autista nunha visits a Apacaf

- Anuncio -spot_img

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, trasladou a Apacaf (Asociación de Pais con Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar) o compromiso do Executivo galego de seguir traballando na mellora da calidade de vida das persoas con autismo.

Nunha visita á sede da entidade, Begoña Abeijón salientou o labor que desenvolve esta asociación en Galicia, con distintos centros residenciais de atención ás persoas adultas que con trastorno do espectro autista. Neste senso, a directora xeral lembrou que o concerto social deste ano contempla máis de 250 prazas para persoas con trastorno do espectro autista en distintas entidades da comunidade.

A Xunta colabora con esta asociación no financiamento das 17 prazas da súa residencia na Estrada, así como con axudas para programas e equipamentos a través da convocatoria do 0,7% do IRPF.

Publicacións Relacionadas