HomeXunta de GaliciaA Xunta de Galicia recoñece a excelencia de 20 alumnos co premio...

A Xunta de Galicia recoñece a excelencia de 20 alumnos co premio extraordinario de Bacharelato 2023/24

- Anuncio -spot_img
  • Para optar ao premio debían contar cunha nota media na etapa igual ou superior a 8,75 puntos e superar unha proba presencial específica
  • Cada un deles recibe un galardón económico de 1.000€ e un diploma acreditativo

A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia académica de 20 alumnos que cursaron 2º de Bacharelato no curso 2023/24 cos premios extraordinarios. Este galardón ten como obxectivo valorar os méritos excepcionais acadados grazas ao esforzo e traballo dos estudantes, que completaron esta etapa educativa cun destacado rendemento académico.

Para optar ao premio, convocado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, os candidatos debían ter unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos no Bacharelato. Ademais, os aspirantes tiveron que superar unha proba presencial que se dividiu en dúas partes. A primeira parte centrouse nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario, así como a resposta a cuestións culturais ou lingüísticas sobre un texto na primeira lingua estranxeira II cursada polo alumnado como materia común do Bacharelato.

A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia de modalidade cursada polo alumnado, a elixir entre Ciencias Xerais, Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Debuxo Artístico II, Análise Musical II e Artes Escénicas II.

Cada un dos galardoados recibirá un incentivo económico de 1.000€ e un diploma acreditativo. A distinción será reflectida tamén nas certificacións académicas dos estudantes premiados.

A relación de premiados pode consultarse no seguinte cadro:

ConcelloCentro educativoPersoa premiada
A CoruñaCPR Plurilingüe Santa María del MarAlfonso Trillo Reboredo
A CoruñaCPR Plurilingüe Santa María del MarCarlota Lago García
A CoruñaCPR Plurilingüe Santa María del MarMateo García Casanova
A CoruñaIES Plurilingüe Eusebio da GuardaJorge Sánchez Mouzo
A CoruñaIES Plurilingüe Eusebio da GuardaSofía Martínez Diz-Lois
A CoruñaIES Plurilingüe Eusebio da GuardaSantiago Vilas Subirán
A CoruñaIES Plurilingüe Eusebio da GuardaMaría Carpente Carpente
As Pontes de García RodríguezIES Moncho ValcarceAntón de la Fuente Vivero
LugoIES Xoán MontesAntía Miragaya Vázquez
LugoIES Leiras PulpeiroRosalía Bernárdez Riopedre
MarínIES Chan do MonteMartín Freire González
MarínIES Illa de TamboIago Villanueva Pérez
OurenseCPR Plurilingüe María AuxiliadoraFélix Benito Martínez
PontevedraIES Gonzalo Torrente BallesterMiguel Bouzas Rodríguez
PontevedraIES Sánchez CantónÓscar Antonio Baltar Torres
Santiago de CompostelaIES Plurilingüe Rosalía de CastroAna Rosende Piñeiro
Santiago de CompostelaCPR Manuel PeleteiroIgnacio Uribarri González
Santiago de CompostelaCPR Plurilingüe La SallePatricia Bao Vázquez
Santiago de CompostelaIES de Sar  Alba Graña Rodríguez
SoutomaiorIES de SoutomaiorLucía Castrillo Sánchez

Publicacións Relacionadas