O director xeral de Inclusión Social sinalou que o Executivo galego destina este ano máis de 294.000 euros a través de diferentes convocatorias de achegas para apoiar diferentes programas
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou as instalacións da asociación Boa Vida onde coñeceu os diferentes proxectos que están levando a cabo. Durante o encontro, puxo en valor os diferentes programas desta entidade a prol da inclusión social na cidade.
O director xeral sinalou que o Executivo galego apoia economicamente a esta asociación a través de diferentes ordes de axudas, cunha achega que ascende a máis de 294.000 euros neste ano 2025. Ao respecto, Parrado fixo fincapé na importancia da colaboración entre as Administracións e o tecido asociativa para trazar itinerarios e poñer en marcha medidas que permitan mellorar a vida das persoas en risco de exclusión social.
Esta asociación puxo en marcha dúas tendas solidarias no centro da cidade a través dun dos seus programas financiado pola Xunta de Galicia e destinados a mellorar as saídas laborais dos usuarios. Nesta liña, o director xeral fixo fincapé no importante labor que desenvolven a través destes recursos que xa son un referente en Pontevedra, ao tempo que agradeceu o traballo de asesoramento que realizan a todas as persoas en situación de vulnerabilidade e aos migrantes que chegan a Galicia.




