HomeXunta de GaliciaA Xunta incorpora novos centros aos programas Radio na Biblio, Biblioteca Creativa...

A Xunta incorpora novos centros aos programas Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Lectura e Familias e convoca iniciativas de voluntariado nestes espazos

- Anuncio -spot_img

— Case 200 centros traballan cos laboratorios de radio e 170 inician o seu alumnado no pensamento computacional en actividades programadas polas bibliotecas

— Un total de 115 centros desenvolven actividades para promover a participación das nais e pais en experiencias de lectura ou traballo con medios de comunicación

— Os centros poden solicitar unirse a Bibliotecas Escolares Solidarias ata o 13 de xaneiro

A Xunta de Galicia vén de publicar as resolucións definitivas dos programas Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Lectura e Familias para este curso 2023/24, a través das que se incorporan novos centros e se dá continuidade á participación dos xa integrados. Así mesmo, o Portal Educativo publicou xa a convocatoria de Bibliotecas Escolares Solidarias, a iniciativa que busca estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado dos niveis non universitarios e as súas familias.
Todos estes programas enmárcanse no Plan LIA 2021-2025 (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se guían todas as actuacións en materia de bibliotecas escolares
nos centros de ensino non universitarios de Galicia.

Case 200 centros con laboratorio de radio
O programa Radio na Biblio chega este curso a 196 centros de ensino, que contan todos eles cun laboratorio de radio no que traballan as competencias informacionais e mediáticas do alumnado. A resolución publicada no Portal Educativo establece a continuidade de 166 centros no programa e a incorporación dos seguintes 30 colexios e institutos:

ProvinciaConcelloCentro
Coruña, ACoruña, AEOI da Coruña
Coruña, ACoruña, ACEE María Mariño
Coruña, ACoruña, ACIFP Universidade Laboral
Coruña, ACulleredoCEIP Plurilingüe de Tarrío
Coruña, AMalpica de BergantiñosIES Urbano Lugrís
Coruña, AMoecheCEIP de San Ramón
Coruña, AMonferoCPI Plurilingüe Virxe da Cela
Coruña, ASadaCEIP Plurilingüe O Mosteirón
Coruña, ASantiago de CompostelaIES Arcebispo Xelmírez I
Coruña, ATeoIES de Cacheiras
Coruña, AZasIES Maximino Romero de Lema
LugoBegonteCEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño
LugoViveiroIES María Sarmiento
LugoViveiroCEP Luís Tobío
OurenseMezquita, ACEIP Augusto Assía
OurenseOurenseCEIP O Couto
OurenseOurenseIES 12 de Outubro
OurenseOurenseCPI Plurilingüe José García García
PontevedraCangasCEIP do Hío
PontevedraCerdedo-CotobadeCEIP Plurilingüe de Tenorio
PontevedraEstrada, ACEIP Cabada Vázquez
PontevedraGuarda, ACEIP A Sangriña
PontevedraMoañaCEIP de Abelendo
PontevedraPonteareasCEIP Plurilingüe Feliciano Barrera
PontevedraPonteareasCEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera
PontevedraPorriño, OCEIP Plurilingüe da Ribeira
PontevedraVigoCEIP Virxe do Rocío
PontevedraVigoCEIP Illas Cíes
PontevedraVigoCEIP Plurilingüe Seis do Nadal
PontevedraVigoCEIP de Coutada-Beade


Un total de 170 colexios desenvolven este curso o programa Biblioteca Creativa, 145 de continuidade e 25 de nova incorporación, tal e como recolle a resolución. O obxectivo da iniciativa é estimular a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo do pensamento computacional a través de actividades manipulativas e outras, programadas desde a biblioteca escolar. Os centros de nova incorporación son os reflectidos na seguinte táboa:

ProvinciaConcelloCentro
Coruña, AArzúaCEIP de Arzúa
Coruña, ABoiroCEIP Plurilingüe Santa María do Castro
Coruña, ACarralCEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel
Coruña, ACoruña, ACEIP Plurilingüe Novo Mesoiro
Coruña, ALaracha, ACEIP Ramón Otero Pedrayo
Coruña, ARibeiraCEP Plurilingüe de Carreira
LugoSarriaEEI Xela Arias
OurenseBarco de Valdeorras, OCEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas
OurenseIrixo, OCEIP Virxe da Pena da Sela
OurenseMezquita, ACEIP Augusto Assía
OurenseOurenseCEIP O Couto
OurenseOurenseCEIP Plurilingüe de Seixalbo
OurenseOurenseCPI Plurilingüe José García García
PontevedraCambadosCEP Antonio Magariños Pastoriza
PontevedraEstrada, ACEIP Plurilingüe de Oca
PontevedraEstrada, ACEIP Cabada Vázquez
PontevedraMoañaCEIP de Abelendo
PontevedraMoañaCEIP Plurilingüe de Tirán
PontevedraPonteareasCEIP Plurilingüe Feliciano Barrera
PontevedraRedondelaCEIP Plurilingüe de Cedeira
PontevedraVigoCEIP Eduardo Pondal
PontevedraVigoCEIP Plurilingüe Javier Sensat
PontevedraVigoCEIP Balaídos
PontevedraVigoCEIP de Coutada-Beade
PontevedraVilagarcía de ArousaCEIP A Escardia


Lectura e familias
O programa Lectura e familias estimula o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar. O obxectivo é que nais e pais se impliquen en experiencias de lectura ou de traballo coa información e medios de comunicación, coa finalidade de que poidan intervir con mellores recursos e eficacia na formación dos seus fillos como persoas lectoras e usuarias de información.

Tal e como establece a resolución definitiva, son 90 os centros que continúan no programa, aos que se suman os 25 que se incorporan a el por primeira vez:

ProvinciaConcelloCentro
Coruña, ABoiroCEIP Plurilingüe Santa María do Castro
Coruña, ACabanasCEIP Plurilingüe Eladia Mariño
Coruña, ACambreCEIP Emilio González López
Coruña, ACoruña, ACEIP Cidade Vella
Coruña, ACoruña, ACEIP Plurilingüe Alborada
Coruña, AMonferoCPI Plurilingüe Virxe da Cela
Coruña, AOrosoCRA de Oroso
Coruña, APontedeumeCEIP Couceiro Freijomil
Coruña, ASomozas, AsCEIP O Marbán
Coruña, ATouroCPI Plurilingüe de Fonte-Díaz
LugoFonsagrada, ACEIP Plurilingüe Santa María
LugoLugoIES Sanxillao
LugoVilalbaIES Santiago Basanta Silva
LugoVilalbaEEI de Vilalba
OurenseBoborásCEIP Nosa Señora de Xuvencos
PontevedraCrecenteCEIP Plurilingüe Manuel Sieiro
PontevedraEstrada, ACEIP do Foxo
PontevedraPonte CaldelasCEIP Manuel Cordo Boullosa
PontevedraPonteareasCEIP Fermín Bouza Brey
PontevedraRedondelaIES de Chapela
PontevedraSilledaCEIP Ramón de Valenzuela
PontevedraVigoCEIP Plurilingüe Javier Sensat
PontevedraVigoCEIP de Sárdoma-Moledo
PontevedraVigoCEIP Plurilingüe Carballal-Cabral
PontevedraVilaboaCRA de Vilaboa Consuelo González Martínez



Ata o 13 de xaneiro
Os centros interesados en sumarse a Bibliotecas Escolares Solidarias poderán solicitalo ata o 13 de xaneiro. O programa contempla o desenvolvemento de actividades de voluntariado nas etapas de Primaria e Secundaria e outras ensinanzas, e a posibilidade de optar a unha distinción a través do Selo Biblioteca Escolar Solidaria.

O obxectivo é recoñecer os esforzos das comunidades educativas por conformar bibliotecas escolares inclusivas, que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento e ao uso dos recursos culturais e de aprendizaxe. A iniciativa intégrase, ademais, como iniciativa de voluntariado nos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social.

Publicacións Relacionadas