HomeXunta de GaliciaA Xunta leva a Lisboa o proxecto "Artesanía no Prato" no que...

A Xunta leva a Lisboa o proxecto “Artesanía no Prato” no que se xuntan gastronomía e artesanía de Galicia

- Anuncio -spot_img
  • A Fundación Artesanía de Galicia organiza do 14 ao 16 de setembro o evento ‘Artesanía no Prato. O sabor da Galicia em Lisboa’ enfocado aos profesionais da gastronomía, da hostalería e do contract, así como a prescritores de medios especializados
  • Na programación inclúense showcookings de seis cociñeiros de galegos e un portugués, unha cata de queixos galegos e a exposición permanente das ceramistas Ana Tenorio e Laura Delgado, ambas galardoadas co Premio Artesanía de Galicia
  • Tamén se presentará o libro ‘Artesanía no Prato’, cuxa segunda edición (2025) amosa o traballo de 33 obradoiros de Artesanía de Galicia e de 15 restaurantes galegos, a través das fotografías de Stéphane Lutier e dos textos de Macarena Navarro-Reverter
  • ‘Artesanía no Prato’ é un proxecto pioneiro que incorpora pezas da marca Artesanía de Galicia como soporte da gastronomía para engadir singularidade e exclusividade ao tempo que mellora a experiencia sensorial do consumidor

A Fundación Artesanía de Galicia organiza desde esta fin de semana en Lisboa un evento exclusivamente profesional centrado no proxecto Artesanía no Prato, no que se buscan as sinerxías entre os ámbitos da artesanía e da gastronomía. Artesanía no Prato. O sabor da Galicia em Lisboa terá lugar os días 14, 15 e 16 de setembro na Casa do Desenho (Armazén 115, Cais da Rocha. Conde d’Óbidos) e está dirixido a profesionais da gastronomía, da hostalería e do contract, así como a prescritores de medios especializados.

O obxectivo deste evento é impulsar a promoción e a comercialización da gastronomía, do produto e da artesanía de Galicia en Portugal. Trátase dunha proposta deseñada para xerar conexións, inspirar colaboracións e consolidar vínculos entre ambos os dous territorios a través de dúas linguaxes universais: a cociña e a artesanía.

No evento participarán seis cociñeiros galegos —Javier Olleros (Culler de Pau, O Grove), Jorge Gago (A Maceta, Santiago de Compostela), Héctor López (Restaurante España, Lugo), Lucía Freitas (A Tafona, Santiago de Compostela), Pablo Morales (Habaziro Concept, A Coruña) e Pepe Solla (Casa Solla, Poio)—, o chef portugués Henrique Sá Pessoa (Alma, Lisboa), e as ceramistas Ana Tenorio, do taller Wichtneeds (Vigo) e Laura Delgado (Cambre), ambas as dúas gañadoras do Premio Artesanía de Galicia nos anos 2018 e 2022 respectivamente. Nas sesións de demostracións e degustacións empregaranse produtos de calidade e marcas galegas recoñecidas, cuxos soportes serán pezas de cerámica, olería, madeira e coiro elaboradas por 14 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia: os obradoiros de Buño (Malpica de Bergantiños) Alberto Lista e Alfarería Rulo, os de Vigo Ana Tenorio e Ojea Studio, os de Santiago de Compostela Degerónimo e Sangiovanni Lorenzo, Atalanta Madera (A Estrada), Cunqueiro (Palas de Rei), Carballo Estrela (Pontevedra), Celso Ferreiro (A Fonsagrada), Eferro (Vila de Cruces), Raposiñas (A Pobra do Caramiñal) e Susana Anta (A Coruña).

Artesanía no Prato é un proxecto pioneiro en España co que se consegue unir dous ámbitos vinculados ao territorio e á produción local de xeito que se enxalcen mutuamente, mellorando a experiencia sensorial para o consumidor e engadindo singularidade e exclusividade. A través da gastronomía, Artesanía de Galicia consegue chegar a públicos que aprecian a autenticidade e a autoría que hai detrás das pezas e dos menús, mentres que os cociñeiros conseguen que o deseño dos soportes artesanais se axusten ás súas necesidades e lles permitan destacar o que queren comunicar en cada prato.

Programa

Artesanía no Prato. O sabor da Galicia em Lisboa combinará sesións gastronómicas, encontros profesionais e actividades divulgativas para amosar a estreita relación entre artesanía, deseño e cociña. O evento reunirá a chefs, artesáns, produtores, deseñadores, xornalistas, distribuidores, representantes institucionais, axentes culturais e outros perfís vinculados ao mundo da gastronomía, da artesanía e da creación portuguesa.

No programa de actividades inclúese unha exposición permanente de pezas de Artesanía de Galicia na que participarán as ceramistas Ana Tenorio e Laura Delgado, que tamén intervirán nos showcookings para falar da súa experiencia de colaboración cos cociñeiros. O domingo comeza cunha sesión ás 11,00 h. de Jorge Gago (A Maceta) na que empregará produtos de Conservas Peperetes (Carril) e de Estrella Galicia. A partir das 13,00 horas terá lugar o showcooking de Pepe Solla (Casa Solla) e ás 18,00 h., a sesión merenda con Pablo Morales (Habarizo Concept), especializado en pastelería.

O luns 15 comeza de novo con Jorge Gago e unha sesión gastronómica acompañada de vermú Lodeiros (Santiago de Compostela). A partir das 13,30 h., haberá un showcooking con Lucía Freitas (A Tafona) e o portugués Henrique Sá Pessoa (Alma). Pola tarde, terá lugar a presentación do libro Artesanía no Prato, reeditado a comezos deste ano e que amosa un percorrido polo proxecto homónimo dende o seu inicio no ano 2013. Nesta publicación —editada en galego, en castelán e en inglés, con textos de Macarena Navarro-Reverter— inclúense unha escolma de fotografías de Stephane Lutier nas que se amosan pezas de 33 obradoiros de Artesanía de Galicia e menús de 15 restaurantes galegos.

Publicacións Relacionadas