HomeXunta de GaliciaA Xunta outorga as axudas para que as confederacións e federacións de...

A Xunta outorga as axudas para que as confederacións e federacións de anpas e as anpas de educación especial financien as súas actividades

- Anuncio -spot_img
  • A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP habilita unha partida de 66.298€, un 10% máis que o ano pasado
  • As axudas están destinas a 26 entidades para que sufraguen gastos de xestión, administración, adquisición de material e mantemento das súas instalacións

A Xunta concedeu este ano axudas para financiar actividades de 26 entidades, entre confederacións e federacións de asociacións de nais e pais do alumnado e anpas de centros de Educación Especial.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional habilitou este ano unha partida de 66.298€ –un 10% máis ca o ano pasado– co obxectivo a contribuír ao funcionamento destas asociacións. As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades, como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período. A subvención é compatible con outras axudas outorgadas por outra administración pública ou entes públicos ou privadas, nacionais ou internacionais.

As entidades beneficiarias, segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia son as reflectidas na seguinte táboa

ProvinciaConcelloEntidade
Coruña, AA CoruñaCONFAPA (Confed. Galega ANPAS centro públi.)
Coruña, AA CoruñaFederación provincial ANPAS centros públicos-FAPA Coruña
Coruña, ACarballoFederación centros públicos “A Costa da Morte”
Coruña, ARibeiraANPA CEE Amicos
Coruña, ASantiago de CompostelaConfederación ANPAS galegas
Coruña, ASantiago de CompostelaFederación de centros públicos Compostela
Coruña, ASantiago de CompostelaANPA Colexio Duques de Lugo
LugoLugoFAPACEL Federación provincial de ANPAS de centros públicos
LugoLugoFAPA Lugo
LugoLugoANPA CEE Santa María
LugoMonforte de LemosANPA CEE “Infanta Elena”
OurenseOurenseCONGAPA
OurenseOurenseFederación provincial de ANPAS de centros públicos As Burgas
OurenseOurenseFederación de ANPAS de Centro Privados e Concertados
OurenseOurenseANPA CEE O Pino
PontevedraGuarda, AANPA CEE Joaquina Sobrino
PontevedraEstrada, AFESANPAS Federación Estradense de Asociacións de nais e pais de alumnos
PontevedraLalínFAFADE Federación de Asociacións de familias do alumnado do Deza
PontevedraNigránANPA La Ilusión del Val Miñor
PontevedraGondomarFederación de ANPAS do Val Miñor
PontevedraPontevedraANPA CEE Juan XIII
PontevedraPontevedraFederación provincial de ANPAS de centros públicos-FANPA
PontevedraVigoANPA CEE A Menela
PontevedraVigoFOANPAS Federación ANPAS “Olívica”
PontevedraVilagarcía de ArousaANPA CEE Os Mecos
PontevedraVilagarcía de ArousaFEAPA Pontevedra

Publicacións Relacionadas