HomeXunta de GaliciaA Xunta participa no encontro de familias con membros xordos

A Xunta participa no encontro de familias con membros xordos

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou os avances no benestar e integración grazas ao traballo coas familias e as entidades

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou a importancia do traballo conxunto da Xunta de Galicia, as familias e as entidades nos avances acadados nos últimos anos na mellora da calidade de vida e na integración das persoas xordas. Fíxoo durante a celebración do X Encontro de Familias con Membros Xordos organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) e  a Asociación Galega de Familias con Membros e Rapazada Xordos ou con Discapacidade Auditiva (Anpanxoga).

Jacobo Rey garantiu que o Executivo autonómico seguirá apoiando a estas familias no seu obxectivo de conseguir unha sociedade que sexa cada día máis accesible e inclusiva. Neste sentido, lembrou que desde fai anos se manteñen diferentes liñas de colaboración con Faxpg, entre outras un programa dirixido a mellorar a audición e fala de nenas e nenos con discapacidade auditiva a través de técnicas de logopedia.

No xornada de hoxe, que se desenvolveu no parque Aventura Dakart de Sanxenxo, as familias desfrutaron dun día lúdico e de convivencia, con xogos de multiaventura para os máis pequenos, xantar e actividades de praia

Publicacións Relacionadas