HomeXunta de GaliciaA Xunta programa unha trintena de activdades este Nadal en bibliotecas e...

A Xunta programa unha trintena de activdades este Nadal en bibliotecas e museos de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

As propostas apoiadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude inclúen obradoiros, mostras fotográficas e bibliográficas, concertos, presentacións ou iniciativas para a cativada

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa este Nadal unha ampla programación cultural para todos os públicos. Así, as bibliotecas e museos dependentes da Xunta de Galicia concentran múltiples actividades e exposicións para estas festas, das cales unha trintena serán en Pontevedra. Trátase dun amplo abano de propostas que pode consultarse na Axenda Cultural de Galicia e que inclúe desde obradoiros, mostras fotográficas e bibliográficas, propostas infantís, presentacións de libros, concertos ata a iniciativas para os máis pequenos e maiores.

No caso de Pontevedra, as actividades céntranse na Biblioteca Pública Antonio Odriozola que conta con numerosas propostas para os máis cativos, pero tamén para o público adulto. Neste senso, están programados durante os sábados de decembro varias sesións de Biblioteatro e, do 23 de decembro ata o 7 de xaneiro, está previsto que se desenvolva o espazo de actividades Ludobiblio Cempés. A programación complétase os días 26 e 27 co obradoiro O apalpador: monicreque de Nadal.

O Museo Massó, pola súa banda, ten previsto para o día 28 a actividade educativa Corseando cos Bolechas, mentres que para o vindeiro 4 de xaneiro terá lugar un obradoiro sobre astronomía e historia, Con A de astrónomas.

Dinamización lingüística

Ademais, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tamén ten en marcha o programa de dinamización lingüística Nadal en Rede con propostas culturais en galego nunha trintena de concellos.

No caso da provincia de Pontevedra, a terceira edición desta campaña chegará a  Ponteareas o 15 de decembro, A lingua somos todos, que tamén estarán no Rosal o día 27. Pola súa banda, Silleda contará o 19 de decembro con A pita xefa; Lalín o 20 con Mil maxias máis; e Soutomaior o 22 co Desconcerto de Nadal. O día 23 levaranse a cabo as actividades Desconcerto de Nadal en Salvaterra; Meco e sono en Nigrán, e, Ves como sabes? en Gondomar.

Ademais, están previstas outras actuacións no Porriño o 24 de decembro con A árbore dos desexos; en Cangas o 26 de decembro con Ves como sabes?, e en Meaño o día 27 con Xa é Nadal cos Piñeiriños, que tamén estarán en Lalín o día 20 de decembro. Finalmente, Tomiño contará con A pita xefa o día 30. A esta programación súmanse os Cantares de Reis dos Bolechas que actuarán na Estrada e en Redondela os días 26 de decembro e 4 de xaneiro, respectivamente.

Publicacións Relacionadas