HomeXunta de GaliciaA Xunta renova con Travega a colaboración, que permite que vehículos fora...

A Xunta renova con Travega a colaboración, que permite que vehículos fora de uso teñan unha segunda vida na formación práctica en centros de FP

- Anuncio -spot_img
  • Os Centros Autorizados para o Tratamento entregarán e recollerán os materiais que se utilicen na formación práctica dos estudantes galegos que cursan ensinanzas da familia Transporte e mantemento de vehículos

A Xunta  e a Asociación Galega de Tratamento de Vehículos (Travega) volven a colaborar, tras catro anos de experiencia, para dar unha segunda vida a vehículos fóra de uso e contribuír á aprendizaxe práctica dos estudantes de Formación Profesional (FP) en Galicia. Ademais de cubrir as necesidades de materiais por parte dos centros educativos da comunidade, este acordo facilita a utilización de unidades de automoción antes de ser destinados e tratados como residuos, que se enmarcan no enfoque de economía circular. 

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez Mejuto, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e FP, Román Rodríguez, e o presidente de Travega, Germán Catoira, ratificaron hoxe en Santiago de Compostela a renovación dun convenio para reutilizar automóbiles en desuso nas prácticas do alumnado de formación profesional da familia de Transporte e mantemento de vehículos. 

Os Centros Autorizados para o Tratamento (CAT) de residuos, que pertencen á asociación, son autorizados a ceder temporalmente unidades de automoción xa retiradas da circulación. Deste xeito, pódense cubrir as necesidades formativas dos centros de FP que o soliciten e asuman a responsabilidade de evitar riscos ambientais durante a actividade formativa.

En concreto, os vehículos fóra de uso entregados non poderán superar os 20 por centro formativo e ano, coa previsión de que a súa presencia nas instalacións educativas poida chegar aos dous anos de duración, agás que se autorice posteriormente un maior tempo.

Esta colaboración remóntase ao ano 2021, cando se asinou o primeiro convenio con vixencia por catro anos. Así, a través da addenda, as partes implicadas prolongarán por catro anos máis, ata 2029, esta experiencia porque entenden que está a servir para axudar na formación práctica do alumnado galego en materia de transporte e mantemento de vehículos.

A Consellería de Medio Ambiente permite que os Centros Autorizados para o Tratamento de Residuos poidan ceder temporalmente aos centros dependentes da Consellería de Educación os vehículos para usar na aprendizaxe práctica do alumando.  Unha vez finalizado o período formativo, os vehículos volverán as instalacións dos centros asociados en Travega, que procederán a súa xestión final como residuos. 

As partes implicadas neste acordo destacaron que durante o ano 2024 foron cedidos un total de 146 vehículos por parte de 12 Centros Autorizados de Tratamento  co obxectivo de facilitar estas prácticas formativas en centros de formación profesional. 

Publicacións Relacionadas