HomeXunta de GaliciaBelén do Campo destaca o investimento de case 1M€ EN 15 concellos da...

Belén do Campo destaca o investimento de case 1M€ EN 15 concellos da comarca Bergantiños-Costa da Morte para a mellora de camiños rurais para 2024 e 2025 

- Anuncio -spot_img

Belén do Campo fixo balance das actuacións realizadas arredor desta iniciativa, que contou cunha dotación orzamentaria en Galicia de máis de 130 millóns de euros no período 2016-2024 que se traducen en máis de 4.280 quilómetros de vías rurais melloradas

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Malpica, Eduardo Parga,  visitou hoxe esta localidade e salientou alí o investimento do Plan de mellora de camiños rurais, dotado con case 19,5 millóns de euros para 2024 e 2025 en toda Galicia, o que supón o orzamento máis alto dende 2017. En concreto, no marco desta convocatoria, están previstas dúas actuacións no Concello de Mapica por mais de 70.000 euros nas parroquias de Cerqueda e Leiloio unha na pista de Pozacas e a segunda na pista da Pedrosa. Na visita a delegada comprobou a actuación realizada, o ano pasado, con estas mesmas axudas, dunha primeira actuación na pista das Pozacas, que contou cunha axuda de 60.000 euros por parte do Goberno autonómico.

O financiamento faise con fondos Feader, con cargo ao Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 e son subvencionables camiños de acceso a núcleos rurais de poboación. A delegada da Xunta informou que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibirán estas axudas 15 concellos por un importe total de case 1 millón de euros.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural xa que o fortalecemento das infraestruturas facilita a accesibilidade e vertebración do territorio, reforza o tecido social, contribúe a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, dinamiza o tecido produtivo e fixa a poboación. Así, estas axudas promoven a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños que forman parte da rede viaria de acceso a unha ou varias entidades de poboación. Nesta liña, o Plan de mellora de camiños permite garantir e potenciar o tránsito de vehículos e maquinaria.

Durante o período 2016-2024 contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros, permitindo a mellora de máis de 5.450 camiños e máis de 4.280 quilómetros de vías rurais e a provincia da Coruña foi a que máis importe económico recibiu desta iniciativa na etapa mencionada, superando os 40 millóns de euros, e polo tanto, na que máis actuacións se produciron.

A delegada engadiu que a través de iniciativas coma esta, “a Xunta mantén o compromiso coa promoción e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego”. O Plan de mellora de camiños rurais ten unha traxectoria que se remonta a 2013 e este ano, por primeira vez, compleméntase co Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria finalizadas, dotado con 6 millóns de euros.

En cada convocatoria do Plan de mellora de camiños rurais repártense entre os 313 concellos os fondos dispoñibles e corresponde a cada un deles a elección dos camiños sobre os que se considera preciso actuar, así como o proxecto de obra de ampliación, mellora ou mantemento. Ademais, estes están obrigados a contratar un servizo externo de control de calidade das obras executadas.

PROMOTORTOTAL AXUDA 2024-2025 TITULO PROXECTO 1 TITULO PROXECTO 2
CAMARIÑAS47.011,00 €PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN PARA MELLORA DO CAMIÑO RURAL BRAÑAS DE TASARAÑO (XAVIÑA – CAMARIÑAS)PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN PARA MELLORA DO CAMIÑO MUNICIPAL DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS EN ESTIVADAS (XAVIÑA – CAMARIÑAS)
PONTECESO62.065,00 €MELLORA DOS CAMIÑOS MUNICIPAIS NA PARROQUIA DE PAZOS 
CORISTANCO83.162,00 €AFIRMADO E MELLORA DA CAPA DE RODADURA DE CAMIÑOS NAS PARROQUIAS DE XAVIÑA, SAN XUSTO, SAN PAIO E OCA 
CORCUBIÓN24.707,12 €AMPLIACIÓN E MELLORA DO CAMIÑO CORCUBION QUENXE 
A LARACHA89.216,00 €MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2024-2025 (CONCELLO DE A LARACHA) 
ZAS78.063,00 €MELLORAS DE CAPA DE RODADURA EN PUDENZA, BRANDOMIL E GOMARÍS 
DUMBRÍA74.979,00 €MELLORA DO VIARIO DE OLVEIRA A LUCÍN E OUTROS 
CARBALLO96.273,00 €MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2024. OZAMELLORA CAMIÑOS MUNICIPAIS 2024. GOIÁNS E RUS
CEE54.414,00 €MELLORA DE VIARIOS EN A CARBALIZA 
FISTERRA35.014,70 €MELLORA DA REDE VIARIA ENTRE MALLAS E SAN SALVADOR DE DUIO 
VIMIANZO79.130,00 €MELLORA VIARIO ACCESO CASTROMIL E OUTRO 
MUXÍA85.512,64 €REHABILITACIÓN DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 
MALPICA DE BERGANTIÑOS70.984,46 €MELLORA CAMIÑOS MUNICIPAIS PARROQUIAS CERQUEDA E LEILOIO: ACTUAC1ª PISTA POZACAS ACTUAC 2ª PISTA DE PEDROSA 
CABANA DE BERGANTIÑOS83.637,00 €MEJORA DE CAMINOS MUNICIPALES DE ACCESO A PARCELAS AGRICOLAS 2024-2025 
LAXE58.046,68 €MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS NA PARROQUIA DE SERANTES 
151.022.215,6€

Publicacións Relacionadas