HomeXunta de GaliciaEstudantes de galego en Londres participan en Galicia no programa ‘Viaxe da...

Estudantes de galego en Londres participan en Galicia no programa ‘Viaxe da Lingua 2024’, co que colabora a Xunta

- Anuncio -spot_img

Ténselles preparado un amplo abano de actividades vencelladas coa cultura, arquitectura e natureza en diferentes cidades e vilas galegas

Unha vintena de rapaces e rapazas, dos case medio cento que estudan galego no Instituto Cañada Blanch de Londres, están a visitar Galicia a través do programa Viaxe da Lingua 2024, co que colabora a Xunta a través das secretarías xerais da Lingua e de Emigración. O obxecto desta iniciativa é promover o achegamento deste alumnado estranxeiro á realidade cultural e patrimonial da comunidade.
Estes rapaces chegaron o pasado luns e están a visitar Santiago de Compostela, A Coruña e as Rías Altas, Pontevedra e as Rías Baixas dentro dun amplo programa de actividades no que estarán presentes a cultura, a arquitectura e a natureza.
En concreto, visitaron xa o conxunto histórico de Compostela, despois de ter feito un treito do Camiño de Santiago, e tamén visitarán o de Pontevedra. O programa de actividades inclúe achegarse aos museos pedagóxicos e universitarios e todos os museos científicos coruñeses; vilas mariñeiras, como Combarro ou Cambados; parques naturais, como a Illa de Arousa ou espazos protexidos, como o illote de Areoso. Ademais, manterán intercambios culturais con alumnado galego e practicarán actividades de natureza e deportivas.
A viaxe rematará o vindeiro venres nun acto despedida na Cidade da Cultura de Galicia.

Publicacións Relacionadas