HomeXunta de GaliciaGalicia participa no simulacro de incendio forestal en zona fronteiriza realizado en...

Galicia participa no simulacro de incendio forestal en zona fronteiriza realizado en Salamanca no marco do proxecto Interreg Atempo

- Anuncio -spot_img

GALICIA PARTICIPA NO SIMULACRO DE INCENDIO FORESTAL EN ZONA FRONTEIRIZA REALIZADO EN SALAMANCA NO MARCO DO PROXECTO INTERREG ATEMPO

– A Xunta colabora a través da Axencia Galega de Emerxencias, un dos socios do proxecto beneficiario das axudas do Programa Operativo Interreg V-A España Portugal (POCTEP)

– Organizado pola Consellería de Medio Ambiente de Castela e León, co exercicio búscase mellorar a coordinación da xestión de emerxencias na área transfronteiriza entre Portugal e as comunidades galega e castelán-leonesa

A Xunta participou hoxe nun simulacro de incendio forestal en zona fronteiriza desenvolvido no municipio de El Maíllo, en Salamanca, e organizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Política Forestal da Consellería de Medio Ambiente, Vivenda e Ordenación do Territorio de Castela e León. A Axencia Galega de Emerxencias (Axega) desprazou o seu Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) equipado coa Unidade Operativa de Drons.

O exercicio enmárcase no proxecto europeo Interreg Atempo, que ten como finalidade non só reducir os tempos de resposta ante emerxencias transfronteirizas derivadas do cambio climático, senón tamén anticiparse e previr estas situacións cada vez máis frecuentes.

Para cumprir estes obxectivos, preténdese poñer a proba a cooperación, así como mellorar a integración das administracións implicadas na protección das áreas transfronteirizas compartidas por Portugal, Galicia e Castela e León. Neste caso, mediante a simulación dun grande incendio forestal que requiriría da participación de recursos máis aló das fronteiras castelán-leonesas.

Colaboración transfronteiriza en emerxencias

O programa Atempo é a continuación doutras experiencias anteriores como Ariem ou Protempo, que tamén tiñan como obxectivo potenciar a colaboración en emerxencias nas zonas transfronteirizas a ambos lados da raia. O fomento da innovación mediante o uso de ferramentas como a intelixencia artificial é unha das características fundamentais deste proxecto. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa de Cooperación Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

Publicacións Relacionadas