HomePontevedraBaixo MiñoLete Lasa destaca ao porteiro rosaleiro de balonmán Javier Díaz como “parte...

Lete Lasa destaca ao porteiro rosaleiro de balonmán Javier Díaz como “parte indivisible da historia do balonmán galego”

- Anuncio -spot_img

Sinálao como un exemplo para todos os galegos e galegas, xa que para competir ao máximo nivel ata os 49 anos é preciso “manter un estilo de vida activo e saudable con moitos esforzos e sacrificios”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu na mañá de hoxe á homenaxe ao porteiro rosaleiro de balonmán Javier Díaz, con motivo da súa retirada tras 32 anos de carreira.

O mandatario galego destacou a Javi como “parte indivisible da historia do balonmán galego” e lembrou que, cunha traxectoria tan dilatada, “formou parte de moitos dos fitos deste deporte en Galicia”. Neste sentido recordou que, na temporada 96-97, cando Galicia contou con catro equipos na máxima división nacional, a Liga Asobal, -Teucro, Cangas, Octavio e Chapela-, Javi xa era un xogador consolidado nun deles, precisamente, en Chapela.

Lete Lasa enxalzou a figura de Javi Díaz que ademais é, con 650 partidos, o segundo xogador con máis partidos da Asobal, tan só por detrás de José Javier Hombrados. Respecto a súa lonxevidade na pista, o secretario xeral sinalou a Javi Díaz como un exemplo para todos os galegos e galegas, xa que para competir ao máximo nivel ata os 49 anos é preciso “manter un estilo de vida activo e saudable con moitos esforzos e sacrificios”.

O responsable da carteira de Deportes, asegurou que Javi vaise sendo un auténtico exemplo e co cariño de todos os equipos galegos nos que xogou: “Vigo, Chapela, Pontevedra, Coruña, Cangas, e como non, O Rosal, a súa terra”.

Publicacións Relacionadas