HomePontevedraO SalnésO cribado poboacional con PCR efectuado onte no concello de Cambados pola...

O cribado poboacional con PCR efectuado onte no concello de Cambados pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectou un caso positivo de Covid 19

- Anuncio -spot_img

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocou, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación cambadesa dentre 20 a 29 anos de idade con tarxeta sanitaria activa no centro de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 1.445 persoas

O cribado poboacional con PCR con mostra nasofarínxea efectuado durante a mañá e a tarde de onte nas instalacións do pabellón de deportes do colexio San Tomé de Cambados pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectou un caso positivo de COVID 19 nesta localidade arousá.

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocou, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación cambadesa dentre 20 a 29 anos de idade con tarxeta sanitaria activa no centro de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 1.445 persoas.

52,73 por cento da convocatoria voluntaria
Finalmente, achegáronse a efectuar o cribado un total de 762 cidadáns, cifra que representa unha porcentaxe do 52,73 por cento da convocatoria voluntaria.

Para levar a cabo este cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contou pabellón de deportes do colexio San Tomé con dous equipos de enfermaría en cada turno, que efectuaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización das tomas de mostras nasofarínxeas e información aos usuarios.

O procesado destas mostras realizouse no laboratorio de Microbioloxía da Area Sanitaria e os resultados se enviaron á poboación mediante mensaxe SMS. Nos casos positivos, o SERGAS contacta telefonicamente coas persoas para informarlles sobre as medidas preventivas a adoptar.

Publicacións Relacionadas