HomeXunta de GaliciaOs Centros de FP galegos contarán con 100 aulas de emprendemento neste...

Os Centros de FP galegos contarán con 100 aulas de emprendemento neste 2024

- Anuncio -spot_img

Con este programa, a Xunta de Galicia busca canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado mediante un sistema de orientación, guía e tutela de ideas

Esta iniciativa entronca directamente cos obxectivos da Estratexia FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia

Os centros de FP galegos van contar este ano cun total de 100 aulas de emprendemento, 15 máis que no 2023. Con este programa, a Xunta de Galicia busca canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado para así mellorar as perspectivas laborais dos mesmos, fomentando o emprendemento e facilitándolles entrar en contacto con elementos e ferramentas do mundo laboral.

Cun investimento de 500.000 euros este ano e un total de 1.380.000 euros desde o 2021, a iniciativa entronca cos obxectivos da Estratexia FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia, as follas de ruta do Goberno galego para continuar consolidando estas ensinanzas ao longo da década.

Cada aula de emprendemento recibe unha achega da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP de 5.000€. Os centros que formarán a Rede de aulas de emprendemento este ano son as reflectidas na seguinte táboa:

ProvinciaConcelloCentro educativo
Coruña, AArteixoIES de Sabón
Coruña, AArzúaIES de Arzúa
Coruña, ABetanzosIES As Mariñas
Coruña, ABoiroIES Espiñeira
Coruña, ACarballoIES Monte Neme
Coruña, ACedeiraIES Punta Candieira
Coruña, ACeeIES Agra de Raíces
Coruña, ACeeIES Fernando Blanco
Coruña, ACoruña, AIES A Sardiñeira
Coruña, ACoruña, ACIFP Ánxel Casal – Monte Alto
Coruña, ACoruña, ACIFP Imaxe e Son
Coruña, ACoruña, ACIFP Paseo das Pontes
Coruña, ACoruña, ACIFP Someso
Coruña, ACoruña, AIES Fernando Wirtz Suárez
Coruña, ACoruña, AIES Plurilingüe Eusebio da Guarda
Coruña, ACoruña, AIES Ramón Menéndez Pidal
Coruña, ACulleredoCIFP Universidade Laboral
Coruña, ACurtisIES de Curtis
Coruña, AFeneIES de Fene
Coruña, AFerrolCIFP Ferrolterra
Coruña, AFerrolCIFP Leixa
Coruña, AFerrolCIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Coruña, AMalpica de BergantiñosIES Urbano Lugrís
Coruña, AMelideIES de Melide
Coruña, ANarónIES Terra de Trasancos
Coruña, AOrdesIES de Ordes
Coruña, APadrónIES Macías o Namorado
Coruña, APobra do Caramiñal, AIES da Pobra do Caramiñal
Coruña, APontecesoIES Eduardo Pondal
Coruña, APontedeumeCIFP Fraga do Eume
Coruña, APontes de García Rodríguez, AIES Plurilingüe Castro da Uz
Coruña, ARianxoIES Félix Muriel
Coruña, ARibeiraIES Leliadoura
Coruña, ARibeiraCIFP Coroso
Coruña, ASanta CombaIES Terra de Xallas
Coruña, ASantiago de CompostelaIES Arcebispo Xelmírez I
Coruña, ASantiago de CompostelaIES As Fontiñas
Coruña, ASantiago de CompostelaIES Plurilingüe Rosalía de Castro
Coruña, ASantiago de CompostelaCIFP Compostela
Coruña, ASantiago de CompostelaCIFP Politécnico de Santiago
Coruña, AZasIES Maximino Romero de Lema
LugoBurelaIES Monte Castelo
LugoBurelaIES Perdouro
LugoCervoIES Marqués de Sargadelos
LugoFozIES de Foz
LugoLugoCIFP As Mercedes
LugoLugoCIFP Politécnico de Lugo
LugoLugoIES Muralla Romana
LugoLugoIES Sanxillao
LugoMondoñedoIES Plurilingüe San Rosendo
LugoMonforteIES A Pinguela
LugoRibadeoCIFP Porta da Auga
LugoSarriaIES Gregorio Fernández
LugoVilalbaIES Lois Peña Novo
OurenseOurenseIES 12 de Outubro
OurenseBarco de Valdeorras, OIES Lauro Olmo
OurenseCarballiño, OIES Manuel Chamoso Lamas
OurenseOurenseCIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel
OurenseOurenseCIFP A Farixa
OurenseOurenseCIFP Portovello
OurenseOurenseIES Universidade Laboral
OurenseRibadaviaIES O Ribeiro
OurenseVerínIES García-Barbón
OurenseVilamarínCIFP de Vilamarín
OurenseXinzo de LimiaIES Cidade de Antioquía
PontevedraGuarda, AIES A Sangriña
PontevedraCangasIES de Rodeira
PontevedraCañiza, AIES da Cañiza
PontevedraGondomarIES Plurilingüe Terra de Turonio
PontevedraGrove, OIES Monte da Vila
PontevedraLalínIES Ramón Mª Aller Ulloa
PontevedraLalínIES Laxeiro
PontevedraMarínIES Chan do Monte
PontevedraNeves, AsIES Pazo da Mercé
PontevedraPonteareasIES Pedra da Auga
PontevedraPonteareasCIFP A Granxa
PontevedraPontevedraIES Frei Martín Sarmiento
PontevedraPontevedraIES Sánchez Cantón
PontevedraPontevedraCIFP A Xunqueira
PontevedraPontevedraCIFP Carlos Oroza
PontevedraPontevedraCIFP Montecelo
PontevedraPontevedraIES Luís Seoane
PontevedraPorriño, OIES Ribeira do Louro
PontevedraRedondelaIES de Chapela
PontevedraRedondelaIES Pedro Floriani
PontevedraSanxenxoIES de Vilalonga
PontevedraSilledaIES Plurilingüe Pintor Colmeiro
PontevedraTomiñoIES Antón Alonso Ríos
PontevedraTuiIES Indalecio Pérez Tizón
PontevedraValgaIES Plurilingüe de Valga
PontevedraVigoIES de Teis
PontevedraVigoIES Politécnico de Vigo
PontevedraVigoCIFP Audiovisual de Vigo
PontevedraVigoCIFP Manuel Antonio
PontevedraVigoCIFP Valentín Paz Andrade
PontevedraVigoIES Ricardo Mella
PontevedraVilagarcía de ArousaCIFP Fontecarmoa
PontevedraVilagarcía de ArousaIES Armando Cotarelo Valledor

A través deste programa, desenvólvense actividades que fomenten e canalicen as iniciativas emprendedoras do alumnado do centro educativo, e en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos, mediante un sistema de orientación, guía e titoría das ideas emprendedoras aportadas polo propio alumnado.

Ofrécese soporte administrativo e técnico para as primeiras fases dun proxecto emprendedor, similar ao dun marco de desenvolvemento dunha startup, xunto co asesoramento e axuda necesarios para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Se acada un nivel de madurez suficiente para a súa posta en marcha, faranse as xestións necesarias para a súa integración nun viveiro da Rede de viveiros de empresa do programa Eduemprende.

Desenvólvense actividades formativas focalizadas no desenvolvemento das habilidades e competencias que o alumnado debe adquirir para ter un enfoque emprendedor: habilidades persoais, sociais, de relación, de comunicación, de definición de produto, de desenvolvemento de prototipos ou de propostas.

Publicacións Relacionadas