HomeXunta de GaliciaOs ingresos do sector hoteleiro en Galicia superan 165M€ no primeiro semestre...

Os ingresos do sector hoteleiro en Galicia superan 165M€ no primeiro semestre de 2025 e medran a un ritmo do 4,3%

- Anuncio -spot_img
  • O mercado internacional, con 355.000 noites no mes xuño, representa o 35% da demanda total e increméntase un 10% con respecto ao valor do mesmo mes de 2024
  • Só no mes de xuño, o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais nominais de 46,9M€, un 9,3% máis que en xuño do pasado ano

A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turísticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5% en demanda turística e do 7,5% en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1% e no 3,3%, respectivamente.

Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5M€, un 4,3% máis que nos seis primeiros meses de 2024. Só o pasado xuño, o sector ingresou 46,9M€, un 9,3% máis que en xuño do pasado ano.

Así o recollen os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que dan conta tamén de que a demanda turística repártese nun 65% para o mercado nacional – un 45% para os visitantes españois doutras comunidades e un 20% para os residentes en Galicia- e nun 35% para o mercado internacional, que medra, á súa vez, o 10% con respecto aos valores acadados en xuño de 2024.

Os datos revelan tamén como os visitantes elixiron o norte para visitar, ao situarse Galicia no grupo de comunidades con mellor rendemento turístico, tanto en número de turistas como en noites. Estas foron País Vasco, A Rioxa, Cantabria, Navarra.

Publicacións Relacionadas