HomeXunta de GaliciaPortos de Galicia exime ao concello de Poio do pago das taxas...

Portos de Galicia exime ao concello de Poio do pago das taxas pola escola de remo de Combarro dado o seu carácter formativo

- Anuncio -spot_img

Portos de Galicia aprobou a exención de taxas ao Concello de Poio pola ocupación do edificio e as instalacións da escola de remo de Combarro, situado en dominio público portuario. Dita concesión foi outorgada ao Concello o pasado 5 de novembro cunha vixencia de dez anos con posibilidade de prórroga doutros 5.

A solicitude do Concello, Portos de Galicia resolveu aprobar a exención en aplicación do artigo 40 da Lei de Taxas de Portos de Galicia que permite a bonificación do 100% das taxas por ocupación de dominio público ás corporacións locais cando desenvolvan actividades encadradas entre as finalidades públicas, neste caso a actividade formativa. Por este motivo, o Concello non terá que abonar importe algún polo uso dos máis de 600 metros de edificación en espazo portuario.

A normativa de taxas portuarias contempla estas bonificacións no marco da colaboración institucional entre administracións para facilitar o desenvolvemento de accións que redundan no beneficio do conxunto da cidadanía das vilas portuarias.

Publicacións Relacionadas