HomeXunta de GaliciaRomán Rodríguez anima ao equipo galeego a demstrar todo o potencial da...

Román Rodríguez anima ao equipo galeego a demstrar todo o potencial da nosa FP no Campionato Spainskills

- Anuncio -spot_img

— O conselleiro de Educación en funcións recibe aos 38 mozos de 23 centros educativos que representan a nosa Comunidade nas olimpíadas nacionais destas ensinanzas

— O certame desenvólvese en Madrid entre do 9 ao 13 de abril

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, recibiu hoxe ao equipo que vai representar a Galicia no certame Spainskills 2024. “Agardo que demostredes neste campionato todo o potencial que ten a nosa FP”, animounos, lembrando que os resultados da delegación galega en citas de anos anteriores foron “moi satisfactorios e un orgullo para o noso sistema educativo”.
Son aproximadamente 100 as persoas, entre alumnos e docentes, que conforman o equipo galego nestas olimpíadas nacionais da Formación Profesional, que se desenvolveran no recinto feiral de IFEMA, en Madrid, do 9 ao 13 de abril.
En total haberá 38 alumnos de 23 centros competindo xa que en catro modalidades se participa por parellas (Xardinería paisaxística, Mecatrónica, Sistemas robóticos integrados e Robótica Colaborativa).
Galicia participa en 34 modalidades de skills, das cales 29 son competicións oficiais, e polo tanto clasificables para os campionatos internacionais, e cinco son en formato demostración. No caso das skills oficiais, a relación de centros galegos participantes por cada unha delas son:

Modalidade de competiciónConcelloCentro educativo
Animación 3D e xogosA CoruñaCIFP Imaxe e Son
Atención socio sanitariaCeeIES Agra de Raíces
CarpinteríaOrtigueiraIES de Ortigueira
CNC fresadoVigoIES Politécnico de Vigo
CociñaPontevedraCIFP Carlos Oroza
Control industrialLugoCIFP Politécnico de Lugo
Desenvolvemento webSantiago de CompostelaIES San Clemente
Deseño mecánico CADFerrolCIFP Ferrolterra
EbanisteríaMelideIES de Melide
ElectrónicaLugoCIFP Politécnico de Lugo
EscaparatismoA CoruñaIES Ramón Menéndez Pidal
EstéticaA CoruñaCIFP Someso
FloraríaPonteareasCIFP A Granxa
Fontanaría e calefacciónCulleredoCIFP Universidade Laboral
Instalacións eléctricasLugoCIFP Politécnico de Lugo
Xardinaría paisajísticaPontevedraCIFP Montecelo
MecatrónicaLugoCIFP Politécnico de Lugo
PanadaríaA CoruñaCIFP Paseo das Pontes
PeiteadoVigoIES de Teis
Pintura do automóbilA CoruñaCIFP Someso
Recepción hoteleiraVigoCIFP Manuel Antonio
Refrixeración e aire acondicionadoLugoCIFP As Mercedes
Reparación de carrozaríaPontecesoIES Eduardo Pondal
Servizo de restaurante e barA CoruñaCIFP Paseo das Pontes
Sistemas robóticos integradosLugoCIFP Politécnico de Lugo
SoldaduraVila de CrucesIES Marco do Camballón
Tecnoloxía da modaA CoruñaCIFP Paseo das Pontes
Tecnoloxía do automóbilBetanzosIES As Mariñas
TIC administración de sistemas en redeVigoIES de Teis

Ademais, haberá representación galega nas seguintes demostracións:

Modalidade de demostraciónConcelloCentro educativo
Cloud ComputingA CoruñaIES Fernando Wirtz Suárez
Enerxías RenovablesVigoCIFP Valentín Paz Andrade
Farmacia e parafarmaciaPontevedraCIFP Montecelo
Robótica ColaborativaVigoIES Politécnico de Vigo
Tecnoloxía de vehículos pesadosLugoCIFP As Mercedes

Os estudantes gañadores da medalla de ouro en Spainskills 2024 formará parte da delegación española que participará nos próximos campionatos internacionais de FP. Galicia participa activamente desde o ano 2007 nas distintas edicións das Competicións Nacionais de Formación Profesional, Spainskills, e tamén nas edicións internacionais Worldskills e Euroskills. Ademais, desde o ano 2012 organízase o campionato autonómico, Galiciaskills.

Publicacións Relacionadas