HomeXunta de GaliciaRueda destaca os premios Pontevedreses do Ano como unha mostra dunha Galicia...

Rueda destaca os premios Pontevedreses do Ano como unha mostra dunha Galicia orgullosa de si mesma

- Anuncio -spot_img

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe aos premios Pontevedreses do Ano como un exemplo dunha Galicia orgullosa de si mesma. Así, durante a entrega dos galardóns, puxo en valor o potencial que existe na comunidade, cunha cidadanía capaz de competir en todos os ámbitos profesionais e en todo o mundo.

Sobre os premiados, Rueda destacou a traxectoria da arquitecta Teresa Táboas -que recibiu o Premio de Honra- como pioneira en moitos ámbitos sendo, por exemplo, a primeira decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Tamén eloxiou o labor do doutor Javier Cabo, referente da medicina cardíaca pediátrica, así como o impacto que tiveron na cidade a aparición do CineClub Pontevedra e a Asociación Astronómica Sirio. Por último, salientou a Servizos Funerarios San Marcos como exemplo dos valores das empresas familiares e recoñeceu a excelente traxectoria de Pablo Dapena no tríatlon. 

Publicacións Relacionadas