HomeXunta de GaliciaUn total de 40 centros participan este curso no programa "Cinema con...

Un total de 40 centros participan este curso no programa “Cinema con perspectiva”

- Anuncio -spot_img

— O programa ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes nas narrativas audiovisuais

— O alumnado participante tamén poderá crear unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar a resolución de centros seleccionados para participar este curso no programa Cinema con perspectiva, desenvolvido en colaboración coa asociación cultural FICBUEU.

O programa, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual. Así mesmo, o alumnado participante poderá crear un produto (guión, plan de rodaxe, etc.) para pór en escena unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero.
A relación de centros seleccionados é a reflectida na seguinte táboa:

ProvinciaConcelloCentroActividade
Coruña, AAbegondoIES de ViósProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, ACarralIES de CarralProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, ACercedaCPI Plurilingüe O CruceProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, AFerrolIES CanidoProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, AMugardosIES de MugardosProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, ANedaIES Fernando EsquíoProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, ANoiaCEIP Felipe de CastroProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, AOrosoCEIP Plurilingüe do Camiño InglésProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, APontecesoIES Eduardo PondalProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, ARibeiraCEIP Plurilingüe de PalmeiraProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, APontedeumeIES BreamoObradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
LugoLugoIES SanxillaoProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
LugoMondoñedoIES Plurilingüe San RosendoProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
LugoMonforte de LemosCEIP Plurilingüe A GándaraProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
LugoMonterrosoIES de MonterrosoProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
LugoSarriaIES Xograr Afonso Gómez de SarriaProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
LugoXoveIES Illa de SarónObradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
OurenseBarco de Valdeorras, OIES Lauro OlmoObradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
OurenseMacedaIES San MamedeProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
OurenseOurenseIES Universidade LaboralProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
OurenseVilar de BarrioCEIP Plurilingüe de Vilar de BarrioObradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
PontevedraBueuCEIP Plurilingüe A PedraProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
PontevedraBueuIES Johan CarballeiraProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
PontevedraCambadosIES Ramón CabanillasObradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
PontevedraCangasCEIP Plurilingüe de San Roque de DarboProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
PontevedraCangasCEIP Plurilingüe da Espiñeira-AldánObradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
PontevedraCerdedo-CotobadeIES de CotobadeProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
PontevedraGondomarIES Auga da LaxeProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
PontevedraGuarda, ACEIP Manuel Rodríguez SindeProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
PontevedraLalínIES LaxeiroProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
PontevedraNeves, AsIES Pazo da MercéObradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
PontevedraNigránCEIP da CruzProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
PontevedraPontevedraIES Valle-InclánProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
PontevedraPontevedraCEIP San MartiñoObradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
PontevedraRedondelaIES Illa de San SimónProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
PontevedraRedondelaCEIP Plurilingüe Alexandre BóvedaObradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
PontevedraSalvaterra de MiñoCEIP Plurilingüe de LeiradoObradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
PontevedraTomiñoCEIP Pintor Antonio FernándezProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
PontevedraVigoIES de BeadeProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
PontevedraVilanova de ArousaCEIP Plurilingüe de Sestelo-BaiónProxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

O programa desenvolverase ao longo do segundo e terceiro trimestre do curso 2023/24 e divídese en dúas actividades diferentes. A primeira delas consiste na proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero, que ten como base fomentar entre o alumnado a reflexión sobre o papel da muller na sociedade, a violencia de xénero e as desigualdades. Unha vez concluída a proxección desenvolverase un coloquio que será moderado e dirixido por unha persoa experta, que tratará de estimular a capacidade reflexiva e analítica do alumnado sobre os valores e as mensaxes ocultas en materia de igualdade presentes nas filmacións.
A segunda actividade é un obradoiro educativo para a creación dunha sinxela produción audiovisual. En cada centro educativo participante desenvolverase unha produción audiovisual con temática en igualdade de xénero, sexa curtametraxe, anuncio publicitario, vídeo musical, ou entrevista, entre outros formato. O argumento e a posta en escena reflectirán contidos sobre o significado da igualdade e a equidade entre mulleres e homes, os estereotipos e os roles de xénero, ou o empoderamento da muller, desde unha perspectiva didáctica que permita comprender ao alumnado a realidade desta situación desde o enfoque dun proceso social en construción e de cambio positivo.
A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Convivencia Escolar, que contempla como un dos seus principios a consecución efectiva da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes e na igualdade de trato e non discriminación as persoas en función da súa condición sexual.

Publicacións Relacionadas