HomeXunta de GaliciaUnha vintena de centros de toda Galicia incorporan ás súas aulas o...

Unha vintena de centros de toda Galicia incorporan ás súas aulas o modelo de educación patrimonial Ponte… nas Ondas! recoñecido pola Unesco

- Anuncio -spot_img

— A convocatoria para incorporar esta experiencia ao sistema educativo público galego espertou o interese de case 40 centros


— O obxectivo é contribuír, desde a escola, á salvagarda do patrimonio cultural inmaterial mediante espazos e accións para sensibilizar ás xeracións máis novas

Unha vintena de centros educativos de toda Galicia incorpóranse este curso, nunha primeira fase experimental, ao modelo de educación patrimonial Ponte… nas Ondas!, recoñecido pola Unesco en 2022. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicou a resolución de centros seleccionados nunha convocatoria que espertou o interese de case 40 centros de ensino.

O obxectivo é ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público o modelo internacional Ponte… nas Ondas!, recoñecido polas Nacións Unidas como exemplo de boas prácticas en materia de sensibilización co patrimonio na infancia.

Os centros que se incorporan este curso á Rede de centros Ponte… nas Ondas! son os reflectidos na seguinte táboa:

ProvinciaConcelloCentro
Coruña, AFerrolIES de Catabois
Coruña, AMurosIES Plurilingüe Fontexería
OurenseColesCPI Plurilingüe Antonio Faílde
OurensePereiro de Aguiar, OCEIP Plurilingüe Ben- Cho-Shey
OurenseSan Cristovo de CeaCPI Virxe da Saleta
PontevedraEstrada, AIES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
PontevedraGondomarIES Plurilingüe Terra de Turonio
PontevedraMosCEIP de Petelos
PontevedraPonte CaldelasIES de Ponte Caldelas
PontevedraPonteareasIES do Barral
PontevedraPontevedraIES Luís Seoane
PontevedraPontevedraIES Sánchez Cantón
PontevedraSalceda de CaselasCEP Altamira
PontevedraSalceda de CaselasIES Pedras Rubias
PontevedraSalvaterra de MiñoCEP Carlos Casares
PontevedraSalvaterra de MiñoIES de Salvaterra de Miño
PontevedraTuiIES Indalecio Pérez Tizón
PontevedraVigoCEIP Plurilingüe Seis do Nadal
PontevedraVigoEEI Vila Laura
PontevedraVigoIES Politécnico de Vigo

Escola, radio, patrimonio e lazos coa lusofonía
O modelo Ponte… nas ondas! naceu da man da Asociación Cultural e Pedagóxica que leva o seu mesmo nome no ano 1995 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como fórmula para favorecer o estreitamento dos lazos entre a comunidade educativa das escolas do sur de Pontevedra e do Alto Minho co ámbito da lusofonía e para tender pontes de comunicación entre galegos e portugueses. A este obxectivo, en 2002 incorporouse o compromiso para a recuperación e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial común para Galicia e Portugal. En 2022, o XVII Comité Intergubernamental da UNESCO aprobou a súa inscrición no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO como un modelo de referencia.

Coa incorporación paulatina deste modelo ao sistema educativo público galego, a través do cal búscase reforzar a implicación dos nenos e mozos nas súas propias tradicións e crear conciencia sobre a importancia do patrimonio cultural inmaterial, a valorización do propio e garantir a transmisión ás novas xeracións ao tempo que seguir traballando en afianzar os lazos coa lusofonía e o vínculo con Portugal. Os centros educativos participantes contarán cunha serie de recursos e serán recoñecidos como centros Ponte… nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI).

Publicacións Relacionadas